Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Lugh

Lugu
Lugu.jpg
O Deus Lugu no Monte Pindo.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Lugo, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deus pluriempregado.
Patrón de:


Cita1.pngQuizais quixo dicir: ApoloCita2.png
Google sobre Lugh

Cita1.pngLugu, un deus que demostra a presencia de celtas en GaliciaCita2.png
Antonio Tovar sobre Lugu
Cita1.pngLugu? Que alguén me amose un resto arqueolóxico do seu culto en Galicia, a ver... Ninguén? hahaha!!Cita2.png
Francisco Calo Lourido sobre Lugu antes de ser alcanzado por un trono.

Lugu, Deus do panteón galaico, rei dos deuses, casado coa deusa Navia e presidente do senado do Monte Pindo.

MitoEditar

Lugu nasceu da unión do sol e a lúa en Pantón (San Vicente de Castillón, Lugo) vendo o fillo tan bonitiño que les saira, unha veciña deles, Auga, secuestroullo e a tensión fixo que o matrimonio Sol-Lúa se desfixera, o neno foi agochado entre uns ferreiros que ían de castro en castro deambulando pra fabricar armas e torques; con eles aprendeu o oficio e fabricou a espada irrompible Milmanda (si, a que usa en Arnoi, Arnoia o Nmógadah).

A súa captora ao ver omo destacaba matou a seus amigos ferreiros e entregoullo aun mineiros, con eles baixou ás profundidades da terra na busca do estaño pra fabricar bronce, alí inxire un pouco de V.I.T.RI.O.L. e morre, nembargantes resucita e a Nai Terra descóbrelle a súa orixe e Lugu volta á superficie cos coñecementos precisos cos que prende á súa captora e a fai confesar, tras varios vergallazos coa espada Milmanda, o seu crime, reune a seus pais durante un eclipse (pero cada ún xa fixera súa propia vida sepáranse outra ves) e vai polo mundo adiante na procura de coñecementos e da xustiza.

Indo por ahí de cabaleiro andante, desfixo entortos, violou a violadores reincidentes, abusou dos abusóns e así ao poucos e con moita violencia propia dun deus da Idade do Ferro foi poñendo orde no cosmos; ata que un día bateu contra dun gande monstro, o Fragasauro, a que tras tres días e tres noites de loita consegiu vencer e pechar nunha gaiola interdimensional que lanzou ao espacio exterior, tras estas gran proeza foi elexido rei dos deuses castrexos, ao mesmo tempo que conseguía ligar coa deusa Navia (que vendo o que le fixera ao Fragasauro mollara as bragas) e casar con ela, facéndose rei no Monte Pindo.

Mais non todo foi e "viviron felices e comeron xabarís..."nooooon!! Ao pouco saltaron varias tensiós na parella debido ó feo costume de Navia de non depilarse coa frecuencia esperada a entreperna, nembargantes ela aducía que Lugu non facía nada en todo o día mais que invitar a persoas cos que trabara amizade durante as súas aventuras cabaleirescas e andaban peneques depois detruíndolle o pazo do Pindo. Tiveron que chegara un acordo e firmar un pacto de non agresión; nembargantes o deus Cosso tiña ciúmes da fama guerreira de Lugu, asi que trabou contacto con varios periodistas da COPE e algún peixe gordo de FAES pra facerlle mala fama (que si nas súas aventuras matou xente, houbo danos colaterais, abusou da súa forza física frente a simples tiranos, malversou fondos da caixa do Pindo, inflou facturas con amigos contratados a dedo nas obras públicas do Pindo, que si tiña varias amantes e fillos por ahí, etc).

Algunha prea chegou a desir que Lugu a violara e tivera un fillo e él non se preocupara de nada... foron a xuízo, Lugu perdeu tras gañou pero o dano xa estaba feito e fixéranlle un photoshop trucando fotos nas que saía tendos relacións con comunistas e homosexuais. Finalmente Lugu tivo que gastalos cartiños en centos de avogados e preitos e malvendeu seus santuarios e aras; mais ao final, coa axuda de Bandua e Reve deron co fillo de puta de Cossos (tras unha longa investigación do detective Leo Caldas) e lle fixeron cona-lo todo en público e despois o fusilaron, resucitando ao día seguinte pero nunha cárcere nos subterráneos do Monte Pindo.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lugh.

Outros artigosEditar