Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Luar (telegaita)

A galega.jpg Luar (telegaita) é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

Luar
Presentado por Xosé Ramón Gayoso e Maret
Cadea Televisión de Galicia
Día da estrea 18 de setembro de 1992

Programa porno-musical da Telegaita, presentado por Xosé Ramón Gayoso e as súas amantes. O programa é o mais vello da Telegaita xa que contenta ós mandamais da Xunta de Galicia e con el conseguen que resuciten vellos e vaian votar a meu ex mozo como presi. O programa soe durar 3 horas e remata sempre cantando o "Galicia über Alles" con todos os músicos, famosos ou non, sobre o escenario(excepto Julio Iglesias que se negou por consideralo nazi). Producido polo negro dos Boney M e presentado polo ex-xornalista de guerra Xosé Ramón Gayoso, grazas a conta cun presuposto paupérrimo trouxo a Galiza a grandes artistas da música occidental (como Los Chunguitos, Zapato Veloz, Bisbal, Chenoa, Azúcar preto, The Caos is Coming, Kompunch, Manolo Escobar, Los del Río, Arévalo, Modest Mouse, Chimo Bayo, Kraftwerk, etc).

Índice

OrixeEditar

 
Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación de máis unha emisión de Luar.

A idea tívoa Manuel Fraga vendo cabaret de Bob Fosse, e convenceu aos de Virgin Europe pra facer dunha discoteca da Galicia profunda un faro de cultura nas tebras do caos primixenio. Ao principio o programa facíase no salón do chalet de Sito Miñanco ou no seu salón do trono, pero debido a un fallo de loxística aquelo encheuse de gardas civís un día e dende entón Sito desapareceu (segundo a Xunta foi abducido por axentes norcoreanos a soldo do BNG) polo que Gayoso tivo a gran idea de facelo nun pendello que lle mercou por catro perras a un amigo e despois cos cartos convertiuno na discoteca Apolo Ghit e despois Dona Dana (daquela estaba de moda Dana Scully á que Gayoso conseguiu ligar e facerlle unha filla) con varias subvencións e información privilexiada sobre onde naufragarían os barcos ricos na Costa da Morte o programa seguiu en pé séculos.

Números do espectáculoEditar

Ao longo do seu percorrido artístico consumista o Luar tivo diferentes modos televisivos, se ben ao principio eran músicos dando a nota contra finais dos 90 aquelo era un guateque musical de peñita chanchi pasándoo ben e ao resto que lle dean, que lle dean chapapote e claro cando veu o Bipartito galego todos pensaban que como o Luar era propaganda xunteira o ían destruir mais non foi así dende entón Gayoso é indestructible.

  • Toca unha orquestra clásica ou banda municipal.
  • Entrevista cun artista senlleiro de Occidente.
  • Actuación do artista.
  • Número chistoso.
  • Gayoso chama por teléfono a alguén pra tocarlle os collóns.
  • Actuación musical.

Todo remata nunha orxía pantagruélica cantando unha canción báquica "Apga o candil maría chus chus..."

Grandes anécdotas do programaEditar

  • Cando Gayoso profetizou a Morte de El Fari, os xitanos de toda España xuráronlle morte pero Gayoso é da galaxia Kin Dz Dza e tiveron que apupar.
  • Os Village People meneando o cu diante da miña señora nai en 1997, ea virou tola e decía que quería ser Freddie Mercury.
  • Cando Gayoso non tivo outra que admitir aos de Nunca Mais no escenario e iso que le dicía ó rexidor que non os sacara en cámara.

ParticipantesEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Luar (programa).

Outros artigosEditar