Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Luís de Camões

Bandeira de Portugal.png Este artigo contén humor de Portugal
Este artigo é portugués, gajo! e o seu creador come cacetinho cum bacallau e viño do Porto na xanta,
gustalle competir inutilidades con España e ten un bigote. Se não és desta terra, aparecerá un fadista no teu ecrã
que che indicará que tes que cantar fado e comer bacallau para comprender este artigo ou estarás irritado contigo, gajo!
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Luís de Camões
Luis de Camoes.jpg
Información
Nacemento NS/NC
Lisboa Bandeira de Portugal.png Portugal
Falecemento 10 de xuño de 1580
Lisboa, Bandeira de Portugal.png Portugal
Nacionalidade Lusitana.
Ocupación Funcionario imperial.

Luís Vaz de Camões, foi un guerreiro e poeta portugués, sendo moi famoso por chiscar o ollo a tódalas mulleres do mundo.

Vida e obrasEditar

Nado en Lisboa no seo dunha familia de fidalgos orixinarios da Galiza, xa desde pequeno andaba meténdose en liortas, asi que seus pais o meteron nun mosteiro a estudar pra así ser un homenm de proveito o día de mañá. Alí aprendeu latín, citas de autores clásicos romanos, a homosexualidade e o nacionalismo (sobre todo ése que identifica ós portugueses cos Lusitanos e se esquece dos Galaicos).

Con 16 anos andaba todo peneque nunha procesión de Semana santa a ver si conseguía tocar algunha teta das monxas cachondas (daquela os pais metían ás fillas casadeiras nos mosteiros como garantía da súa virxindade) e comezou a pelexarse cun mamalón, ó que acabou por converter en vaíña da súa daga, pero como era un funcionario da Corte de El-Rei foi preso, alí tivo que sufrir a visita da súa víctima, que lle aconsellou qe si quería librarse da cadea debería darlle algo de sexo anal, Luís finalmente optou pola postura da vaca e deixouse facer, conseguindo así a liberdade, e meses despois o permiso da Corte pra ir a Oriente como mercenario de El-Rei.

OrienteEditar

Cando chegaron a unha das colonias na India (conseguindo chegar por milagro tras varias tempestades) alistouse na guerra contra o Rei da pementa (que lles estaba facendo fuck block ós mercaderes portugueses con esta especia xa que tiña o monopolio do mercado pementil) onde se fartou a meter arcabuzazos nos indios armados con armas propias da Idade Media, trala derrota deron en atacar ós moros, e foron polo Mar Vermello adiante sen dalos atopado, mentres invernaban sen facer en Camões comezou a escreber poesías pra lamberlles o ós poderosos e virreis portugueses das colonias pra así conseguir algún enchufe na administración colonial, mais non conseguiu iso pero sí voltar á cadea, xa que apareceran unhas poesías satíricas da corrupción e orxías da administración colonial e todos pensaron que fora Luís o autor, por si fora pouco tiña débedas de xogo (ela moi mal xogador de cartas).

Conseguiu saír do cárcere despois dun cambio de virrei, e o novo virrei portugués liberouno e enchufouno na administración colonial como Porvedor de fiambres e desaparecidos durante dous anos(coñecendo nesta época a moitas viúvas que él consolou de forma efectiva), e como se aburría moito no recén inventado posto escribiu Os Lusíadas mentres facía orxías nunha cova con varias indíxenas naturalmente predispostas a elo con varios litros de LK.

Como tiña que levar os cartos dos defuntos á central da administración colonial e xa Camões os gastara todos en invitar ás indíxenas a ron, colleu unha barca e desapareceu, cando o atopou a PIDE díxoo que tivera un naufraxio en Vietnam e que un tal coronel Kurtz o tivera secuestrado na selva, como ninguén o creu voltárono meter na cadea, de onde o sacou outro Virrei portugués amigo seu. Así voltou á boa vida de rapaz mozo que no verán andaban na guerra contra o Turco e no inverno non facían nada, senón andar de putas, debatir sobre Literatura, embebedarse, leer compulsivamente e andar guitarreando e xogando ós dados ou ás cartas. Así se criou a grande literatura europea entre putas orientais, guerras contra o Islam, alcohol, xogos, putas, arte, literatura, putas, alcohol, xogos, etc

Como debecía por voltar a Portugal colleu o primeiro barco que viu, deixando tres fillos espúreos en Goa, que o deixou en Mozambique e alí lle roubaraon o orixinal dun libro (mentres andaba fodendo nunha dama casada da administración colonial) seu e tivo que andar vivindo gorroneando nas casas dos amigos (labor moi poetil por certo) e consegiu que un amigo seu que pasaba por alí lle pagara unha fianza e así pudio voltar a Portugal e dar ao prelo o manuscrito de "Os Lusíadas" coa licencia do rei Don Sebastião (claro, así lle foi despois por ler ese tipo de trangalladas), e como era un adolescente moi manipulable deulle ao poeta unha pensión por tres anos (pero que lla daban de forma irregular e ficándose con pedazos dela certos funcionarios reais que Luís pasou unha pouca fame). Así Camões instalouse na capital co seu escravo (si, estilo Sade) e por iso pillou algunha ETS e morreu ao cabo duns anos.

Actualmente non se sabe onde está seu cadáver, xa que tralo terremoto de Lisboa a saber onde foron caer os ósos, e sabe Deus de quen carallo é a osada que hai dentro do sarcófago do mosteiro dos Jerónimos.

ObrasEditar

  • Os Lusíadas: Unha expedición de descubridores tentan librarse do monopolio turco buscando unah ruta alternativa pra facerse con putas dos países do Leste e conseguir chegar a China onde atopar obreiros con soldos miserables, axudados polos deuses grecoromanos chegan á India onse a deusa Venus ordea á súas ninfas darlles sexo gratis ós decubridores mentres un poeta explica a historia de Portugal ós caciques locais e así lles vendan especias e escravos a prezos de risa.
  • Rimas: Varias poesías soltas do insigne poeta, onde ninfas e cabaleiros andan chingando todo o día entres os verdes campos.
  • Comédias: obras de teatro político onde Camões tenta convencer ó espectador de que a Monarquía é o mellor sistema político, que Portugal mola, que o Catolicismo é a única relixión verdadeira e os Protestantes van arder no inferno rodeados por Musulmáns sodomitas.
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Luís de Camões.