Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Lingua mirandesa

Bandeira de Miranda do Douro.png [[:mwl:{{{1}}}|Este artigo]] foi traducido a partir de Çciclopedia por algún çcíclope
que nos ama polo seu nariz esfregar o nariz á peza nivel de mirandés

¡¡¡Non especificou o nome do artigo orixinal!!!

Mirandés
Lhéngua mirandesa
Falado en: Banderaportugal.png Portugal
Rexión: concellos de Miranda do Douro e Vimioso
Total de falantes: 5.000 falantes (15.000 contando tamén os de segunda lingua)
Clasificación xenética: Itálica
Románica
Itálo-occidental
Occidental
Galo-ibérica
Ibero-románica
Ibero-occidental
Lingua asturleonesa
Escrita:
Estatuto oficial
Lingua oficial de: concello de Miranda do Douro
Regulado por: Anstituto de la Lhéngua Mirandesa
Códigos de lingua
ISO: mwl
SIL: MWL
Çciclopédia mapa de las lénguas ouropeias.jpg
{{{mapalenda}}}


A lingua mirandesa ou mirandés é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica, é dicir, non ten parentesco nin co galego, e moito menos que o portugués. É falada no Portugal nororiental, por unhas máis de 9 mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Bragança.

Índice

CaracterísticasEditar

O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación do Portugal (nos XII). Naqueles tempos, por seren analfabetos, ten as súas raíces do latín falado no norte da Península Ibérica. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do Reino de León, e atópase fortemente ligado ás súas irmáns, lingua leonesa moderna e lingua asturiana. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.

No século XIX, José Leite de Vasconcelos, describiuno como a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor e do sexo entre os mirandeses. Dende os 80 a lingua ensínase aos estudantes entre os dez e once anos de idade, voltando así a rexurdir.

Hoxe en día o mirandés retén pouco máis de 5.000 falantes (podéndose elevar o número até os máis de 9000 se contamos co contador do Vegeta) nas aldeas do Concello de Miranda do Douro e nalgunhas aldeas orientais no Concello de Vimioso, aínda que se pode atopar influencia noutras aldeas do Concello de Vimioso e nos Concellos de Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e máis Bragança. Innecesario dicir que é xente insuficiente para promeover a independencia da rexión dos malvados portugueses.

As principais diferenzas entre o mirandés (en Portugal) e as gloriosas lingua leonesa e asturiana (en España) producíronse pola influencia da lingua dominante da rexión. O mirandés foi influenciado foneticamente e no seu léxico polo portugués, así como o leonés e o asturiano o foron polo castelán. Outra diferenza é que o mirandés e o leonés semellan ser moi conservadores, mentres o asturiano experimentou máis cambios de sexo. Estas linguas afírmanse como altamente relacionadas (especialemente o mirandés e o leonés, chamadas incluso co-linguas), sendo sen ningunha dúbida a mesma lingua no pasado.

As súas variantes dialectaisEditar

Existen tres variantes dialectais da lingua mirandesa:

  • O mirandés fronteirizo.
  • O mirandés central.
  • O mirandés sendinês.

A maioría dos falantes do mirandés tamén falan portugués, e incluso castelán algúns deles. Picote (Picuote) é a única aldea basicamente monolingüe en mirandés, espertando o interese baixo novos informes feitos sobre ela nun país que é monolingüe en portugués.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lingua mirandesa.
Existe unha versión da Desgalipedia en Lingua mirandesa.

Ligazóns externasEditar