Licor café
O Licor café ou LK, é un ente mitolóxico que soe atoparse en forma de líquido negro ou pardo (as outros estados: sólido e gaseoso só son vistos por persoas que alcanzan o grao 33 dentro da masonaría).
Orixe cósmicoEditar
Esta materia extraterrestre chegou ao noso país provinte dun novo mundo traído por Jack Sparrow na súa carabeira-lanzadeira Enterprise NX 01 pero debido á velocidade warp 5 convirtiuse en materia líquida e foi adscrita co número 69 (postura do Kamasutra á que te emppuxa se te a bebes) á táboa periódica por Muahmmand Figueiras no ano 1750.
Composición química do LKEditar
Durante séculos os monxes mantiveron en segredo a receita deste licor ata que a lei da desamortización fixo que tiveran que irse polo mundo adiante e aproveitaron para vender os seus segredos, así descubriuse cómo se facía e mantiñan ós carlistas sempre en acción contra o fucking liberalismo!!
- Augardente: líquido destilado do bagazo fabricado según a receita que deixou Maricastaña, para unha boa resaca a proporción debe ser según este croquis: una curva plana dada por: Fallou a conversión do código (erro de sintaxe): {\displaystyle \vec{r}(L) = x(Licor)·\vec{i} + y(Lúa chea)·\vec{j} + z(t)· \vec{k}}
,
- Café: a poder ser provinte do Monte Pindo, na súa mistura debe ir algo de maruxiña para unha maior concentración iónica de ácido alcólico.
- Azucre: traído de Cuba grazas! Nunha mistura de polisacáridos estelares no que C é igual a: Fallou a conversión do código (erro de sintaxe): {\displaystyle \vec{Sx}(t) = x(666)·\vec{i} + y(terrón)·\vec{j} + z(616)· \vec{k}}
,
Ecuación do LKEditar
Debido á subxectividade deste líquido xa que cada persoa so fabrica según lle veña en gana, aínda que dirán que é seguindo unha receta ancestral. Debido a iso na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia podemos atopar diversas fórmulas para conseguir a resaca perfecta:
- LK caseiro: o máis popular e de maior seguridade sanitaria, a pesar de que ninguén vixía a súa fabricación artesanal, así
Esta sinxela fórmula, rústica pero efectiva achégate ao Walhalla e sen efectos secundarios.
- LK industrial: debido á súa vixiancia por Sanidade é o que peor sabe e pior sente. Non se debe consumir se tes antes LK caseiro, a súa inxesta provoca que emitas comunicados demagogos en Xunteiro!!! Fabrícase seguindo as fases tradicionais pero aumentandoa velocidade o que supón que se perde moito azucre e o alcol chega a graos bíblicos. sí debido ó argumento de autoridade sanitaria temos que alcol industrial= saude pública garantizada!!!
Onde atopar o Licor do negro caféEditar
Esta bebida dos deuses atónicos podelo atopar en moitos e variados sitios, pero ollo! non te deixes enganar, aquel Lk presentado en botella con etiquetiña pode ser o que te leve ao Alén!! O Lk en botella reutilizada da auga é o que te levará a acadar unha experiencia mística.
- Bares: pero só bares de vellos cunha decoración que non cambiaron desde polo menos cando Manuel Fraga gobernaba.
- Puticlús: creo que sí... pero eu nunca entrei nun!!!
- Pubs: só naqueles de aspecto xebi, bloqueiro e moderno, nos pubs pijos ou con música de Operación truño só atoparás garrafón e outras bebidas insanas como o cubata.
- Botellón: tras atopar un bar de vellos de confianza onde coller unha botella sen pegatina e regresar da visita á avoa hai que levar o Lk á reunión de tribo, conseguirás que se che acheguen as pijas!
- Na túa casa: vai ó baúla ver se queda algunha pinga ou na tulla!!
- Na casa de teus avós: nunca falta esta bebida medicinal!!!
- No velorio: ou acaso porqué pensabas que Xosé Luís Baltar nunca se perdía un entierro?
- Furanchos: neles poderás atopar o mais exquisito e clandestino licor café.
O LK úsase como medicina tradicional polas poboacións nativas da Galicia profunda.