Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Libro de familia


LibrodefamiliaserieTVG.jpg
Satán recibidocon amor en Santalla.
Formato Drama
Escrito por Martín Fiallega
Dirixido por Marta Piñeiro, Manuel López e Giselle Llanio
Intérpretes Manuel San Martín
Mayka Braña
Lucía Regueiro
Alejandro Neira
Gonzalo Uriarte
Iolanda Muíños
Diana Nogueira
Paula Carballeira
Abelardo Gabriel
Mara Sánchez
Rubén Riós
Celso Parada
Julio Pereira
Anxo Carbajal
Miro Magariños
Monti Castiñeiras
Manolo Romón
Suso Cortegoso
Lis Teutor
País de orixe Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Episodios 319
Produción
Duración aproximadamente 70 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixe TVG
Primeira emisión 13 de febreiro de 2005
Derradeira emisión 12 de maio de 2013

Libro de familia é unha serie da TVG producida por El Correo Gallego na que podemos ver o devir dunhas familias na Galicia profunda desde o xurásico ata o Fraguismo.

Índice

SinopseEditar

Todo sucede nunha vila de cuxo nome non quero lembrarme nun período de transición en Galicia, nos anos 60, cando Franco ordena e manda e o Capitalismo volta entrar no Reino de Galicia (xa o fixera no século XVIII pero o centralismo de Madrid afogárao), a serie segue o decurrir dunha familia de clase baixa que comeza a chegar á clase media grazas ós diantos técnicos e novas formas sociais que erosionan o poder do cacique (o rol de crego é maquillado xa que na serie dá risa e na realidade era un talibán que controlaba a psique do rabaño humano) e a cultura e comportamento dos habitantes.

Logo a serie vai seguindo o decurrir vital dos seus perxonaxes e as conspiracións entre a familia dos Cabanas (labregos pequenoburgueses) Lamela (familia caciquil) e os Freire (indiano retornado). As relacións de producción repártense seguindo un modelo fixo de subxugamento dos pequenoburgueses cabanas cara os Lamela, señor feudal grazas a Franco e seu capitalismo estatalista porén este modelo muda debido ó cambio do capitalismo de producción cara o capitalismo de consumo, así como a hacenda dos Freire, que debido a desavinzas cos Lamela a familia dos Cabanas aproveitan para conseguir o poder.

Persoaxes de Libro de familiaEditar

 
A familia dos Cabanas ao enteiro.
  • Manuel Cabanas: labrego que tenta formar unha empresa agropecuaria e fundar COREN.
  • Cleopatra Cabanas: dona de tenda do lugar, toda unha petit bourgeoise!
  • María Cabanas: filla dos anteriores, primeiro dos Cabanas en ir á Universidade, onde se fai da UPG por unha patria libre e socialista.
  • Pabliño Cabanas: o fillo pqueno dos Cabanas, fai de neno e logo adolescente saído pero non rebelde polo que cando chega aos 20 anos vaise a Madrid onde se meteu en A Movida e transformándose en ionki e travesti para logo morrer de Sida nos anos 90.
  • Cosme Cabanas: o vello Cabanas, que tenta que seu fillo sexa un bó servo da gleba.
  • Román Lamela: cacique da zona logo nos 80 pásase ao PSOE.
  • Laura Saavedra: parenta do anterior, fina e sensible tenta facer de seu fillo un bohemio pero fracasa e botase nos brazos do mestre e fuxen xuntos a París, onde se fai dos Illuminati e volta a Galicia como militante da Operación Gladio.
  • Rubén Riós: influído polo pai convírtese en pepeiro.
  • Armando Freire: o indiano que vai modernizar este buraco da Galicia profunda mediante o capitalismo auténtico.
  • Filla do indiano: moderniza aos lugareños con top less.
  • Elías e Dona Elvira: neocons do lugar, débiles que tentar sobrevivir axudando ao cacique a subxugar ós seus veciños, ou sexa, son uns vendepatrias burgueses.
  • Don Venancio: cura pedófilo e opusdeino do lugar, sempre contando chistes verdes para maquillar a súa homosexualidade.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Libro de familia.

Outros artigosEditar