Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Lesbian Vampire Killers


Lesbian Vampire Killers (en galego: Matadores de Vampiras Lesbianas) é un filme británico de acción, terror e comedia de 2009 e dirixido por un carteiro vingativo. Foi premiado no Festival de Cine de terror e fantasía de San Sebastián e tornouse un culto movie entre preppies e culturetas.

ArgumentoEditar

O século XVII, o cazador de vampiros, barón Wolfgang Maclaren Ferrari, trabou unha incrible batalla cun grupo de sugadoras de sangue, o que resultou na morte de Carmilla, a raíña das vampiras lesbianas. Mesmo sen a líder, un vilarexo aínda é aterrorizado sempre nas noites de lúa chea polo dúo de vampiras (Vanessa Zanzão e Fernanda Mortebeller), que están detrás de sangue e de belas mulleres. Así, os veciños da zona sempre realizan sacrificios humanos, para conseguiren a paz.

Cando os dous mozos se ven nunha van lotada de sensuais estudantes estranxeiras, eles logo entenden que isto pode non ser unha cousa tan boa así. Aínda máis porque terán de se librar das vampiras lesbianas, que pegan as mozas unha a unha e as transforman en mortas-vivas, e que esperan conseguir xuntar sangue suficiente para revivir Carmilla. Coa axuda da fermosa Lotte e dun vicario, os dous amigos usarán a espada de Wolfgang para demostrar que eles tamén poden ser matadores de vampiras lesbianas.