Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Leonor de Borbón

Leonor de Todos los Santos de Borbón y Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual Princesa de Asturias. É a filla primoxénita dos reis, Filipe VI de España e Letizia. Ten unha irmá menor, a infanta Sofía.

Leonor de Borbón
Princesa de Asturias, Xirona e Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer
250px
Leonor de Borbón, Princesa de Asturias, tras recibir o Vélaro de Ouro o 30 de xaneiro de 2018
Reinado No futuro
Nome completo Leonor de Todos los Santos de Borbón y Ortiz
Nacemento 31 de outubro de 2005 (14 anos)
Madrid, España España
Predecesor Felipe VI de España e Galicia
Casa Real Casa de Borbón
Pai Filipe de Borbón
Nai Letizia Ortiz Roucasolano

Índice

TraxectoriaEditar

Por ser filla do Rei de España recibe desde o seu nacemento o tratamento de Alteza Real e dignidade de Infanta de España para refutar aos nobres, pobres, rebeldes, independentistas que se atreven a romper o seu reino e aos tuiteiros e editores da sagrada Desgalipedia quen o retratan mal. Ocupa o primeiro lugar na Liña de sucesión ao Trono de España e desprazou na mesma ás súas tías, a infanta Elena, a infanta Cristina e os seus respectivos fillos e fillas.

Así, en virtude das regulas de sucesión recollidas no artigo 57 da Constitución española de 1978 é Princesa de Asturias (cos títulos anexos de Princesa de Xirona, Princesa de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cerveza e Señora de Balaguer) o día en que o seu pai ascenda ao trono, en tanto este non teña descendencia masculina; no caso de que así sexa, o irmán ou irmáns homes desprazarían a Leonor de Borbón e terían preferencia na liña de sucesión, cousa que non vai pasar porque nunca xogou cos canóns do seu avó.

 
Leonor tratada pola prensa do corazón en España.

As súas aparicións en público ata agora moi difundida na prensa do corazón, como as da súa irmá Sofía, limítanse a tres ou catro ocasións ao ano (Inicio do curso escolar co profesor Jirafales, a comer ovos de chocolate durante a Misa de Pascua, vacacións en Palma etc.). A súa primeira aparición nun acto oficial foi con motivo da imposición, por parte do seu pai o rei Filipe VI, do lazo de dama da Orde do Vélaro de Ouro onde leu o primeiro artigo da Constitución de 1978, mentres o seu pai lía o artigo 155.

Debate sobre a sucesión ao TronoEditar

 
Filla miña, por que non matas aos teus pais e non gobernas só a España?

O nacemento de Leonor avivou o debate público en redes sociais en España sobre a necesidade de reformar a Constitución española para eliminar a preferencia do home sobre a muller na orde para suceder no Trono, reforma que suscita a adhesión de feministas da maioría de forzas políticas e sociais e que se converte no único punto de acordo firme entre os partidos políticos á hora de emprender unha reforma eventual da Constitución.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Predecesor:
Filipe VI de España
Princesa de Asturias
2014 -
Sucesor:
No cargo