Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Licor café

(Redirixido desde "LK")

O Licor café ou LK, é un ente mitolóxico que soe atoparse en forma de líquido negro ou pardo (as outros estados: sólido e gaseoso só son vistos por persoas que alcanzan o grao 33 dentro da masonaría).

Índice

Orixe cósmicoEditar

Esta materia extraterrestre chegou ao noso país provinte dun novo mundo traído por Jack Sparrow na súa carabeira-lanzadeira Enterprise NX 01 pero debido á velocidade warp 5 convirtiuse en materia líquida e foi adscrita co número 69 (postura do Kamasutra á que te emppuxa se te a bebes) á táboa periódica por Muahmmand Figueiras no ano 1750.

Composición química do LKEditar

 
Fórmula do LK perfecto.

Durante séculos os monxes mantiveron en segredo a receita deste licor ata que a lei da desamortización fixo que tiveran que irse polo mundo adiante e aproveitaron para vender os seus segredos, así descubriuse cómo se facía e mantiñan ós carlistas sempre en acción contra o fucking liberalismo!!

  • Augardente: líquido destilado do bagazo fabricado según a receita que deixou Maricastaña, para unha boa resaca a proporción debe ser según este croquis:   una curva plana dada por: Fallou a conversión do código (erro de sintaxe): {\displaystyle \vec{r}(L) = x(Licor)·\vec{i} + y(Lúa chea)·\vec{j} + z(t)· \vec{k}} ,
  • Café: a poder ser provinte do Monte Pindo, na súa mistura debe ir algo de maruxiña para unha maior concentración iónica de ácido alcólico.
  • Azucre: traído de Cuba grazas! Nunha mistura de polisacáridos estelares no que C é igual a:   Fallou a conversión do código (erro de sintaxe): {\displaystyle \vec{Sx}(t) = x(666)·\vec{i} + y(terrón)·\vec{j} + z(616)· \vec{k}} ,

Ecuación do LKEditar

 
Oscar Wilde tras saborear o LK.

Debido á subxectividade deste líquido xa que cada persoa so fabrica según lle veña en gana, aínda que dirán que é seguindo unha receta ancestral. Debido a iso na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia podemos atopar diversas fórmulas para conseguir a resaca perfecta:

  • LK caseiro: o máis popular e de maior seguridade sanitaria, a pesar de que ninguén vixía a súa fabricación artesanal, así
 

Esta sinxela fórmula, rústica pero efectiva achégate ao Walhalla e sen efectos secundarios.

  • LK industrial: debido á súa vixiancia por Sanidade é o que peor sabe e pior sente. Non se debe consumir se tes antes LK caseiro, a súa inxesta provoca que emitas comunicados demagogos en Xunteiro!!! Fabrícase seguindo as fases tradicionais pero aumentandoa velocidade o que supón que se perde moito azucre e o alcol chega a graos bíblicos. sí debido ó argumento de autoridade sanitaria temos que alcol industrial= saude pública garantizada!!!
   
   
   
   
   

Onde atopar o Licor do negro caféEditar

Esta bebida dos deuses atónicos podelo atopar en moitos e variados sitios, pero ollo! non te deixes enganar, aquel Lk presentado en botella con etiquetiña pode ser o que te leve ao Alén!! O Lk en botella reutilizada da auga é o que te levará a acadar unha experiencia mística.

  • Bares: pero só bares de vellos cunha decoración que non cambiaron desde polo menos cando Manuel Fraga gobernaba.
  • Puticlús: creo que sí... pero eu nunca entrei nun!!!
  • Pubs: só naqueles de aspecto xebi, bloqueiro e moderno, nos pubs pijos ou con música de Operación truño só atoparás garrafón e outras bebidas insanas como o cubata.
  • Botellón: tras atopar un bar de vellos de confianza onde coller unha botella sen pegatina e regresar da visita á avoa hai que levar o Lk á reunión de tribo, conseguirás que se che acheguen as pijas!
  • Na túa casa: vai ó baúla ver se queda algunha pinga ou na tulla!!
  • Na casa de teus avós: nunca falta esta bebida medicinal!!!
  • No velorio: ou acaso porqué pensabas que Xosé Luís Baltar nunca se perdía un entierro?
  • Furanchos: neles poderás atopar o mais exquisito e clandestino licor café.

O LK úsase como medicina tradicional polas poboacións nativas da Galicia profunda.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Licor café.

Outros artigosEditar