Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Julio Iglesias (homónimos).

Julio Iglesias é Deus, nacido dun galego conquistou o mundo coas súas amables cancións sobre sexo.

Julio Iglesias
[[Ficheiro:|200px]]
Julio Iglesias
Nome completo Julio José Iglesias de la Cueva
Alias
Naceu 23 de setembro de 1943 (75 anos)
Orixe nado en Madrid, de pai galego
País Banderaespaña.png España
Morreu
Ocupación (s) cantante, compositor e produtor
Xénero Pop
Instrumento(s) voz
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s) Sony BMG
Relacionado con
(sexualmente)
Tempo en activo 1968 - actualidade
Web http://www.julioiglesias.com/

Índice

TraxectoriaEditar

Julio José Iglesias Puga, nos sesenta viu o bonito que era o de ser Yeyé e comprouse unha guitarra e foise de clochard xunto con Julio Cortázar, a quen lle copiou o sue nome artístico para ligar coas mulleres, entrando nunha dinámica autodestrutiva cara a marxinalidade ata que se fartou de ser pobre ao ver que tódolos seus amigos sentaran cabeza asi que vendeuse ao Mainstream para falar sobre amor amable.

XuventudeEditar

A finais dos sesenta segue seus estudos de Dereito en Londres acompañando a Manuel Fraga que o catapulta á fama con cancións para ligar cos estudantes erasmus de inglés, tras romperlle unha delas o seu corazonciño ao velas en tetas toda borracha polas rúas e irse co Doutor Who. Julio voltou a Gitaña e foise á costa do sol a broncearse, alí conseguiu un contrato con mangantes dunha multinacional de cancións que o enchufaron para participar en variso festivais Pop e grazas a seu carisma entrou na lista de mais vendidos cun estilo semellante aos do pop indie da época.

Nos setenta casou coa Isabel Preysler, cando descubriu que non tiña que ver con Elvis divorciouse e proseguiu a súa vida de éxitos traballando a top e en cancións que lle enviaba o Pentágono grazas ao seu programa do MK Ultra facendo unha xira por Latinoamérica para derrocar ás ditaduras sudamericanas mediante cancións de amor. Grazas á cantiga un Canto a Galicia consegue que incluso os escoiten os mouros e boches, o que en realidade pasara é que os emigrantes galegos estaban por todo o mundo e non paraban quietos coa súa morriña xa que fuxiran de Franco pra que este industrializase Cataluña. Mentres na súa casa nacen fillos sen parar el viaxa e viaxa, coñece mulleres e adícalles cancións para que caian baixo o seu feitizo e gañarlle a posta a Don Juan.

Tras gañar a Don Juan o burlao de Sevilla, fuxe a Miami antes de que o andalú o mate dun vallazo trapeiro, alí nos Estados Unidos de América capta a miles de mulleres grazas a seu poder hipnótico, entre elas a Karina Falagan, marquesa de Samil e unha das arquiveira segredas das Teoría da conspiración galega, na costa reune a varios demócratas e zarpa contra Fidel Castro pero non consegue liberar Cuba polo que Reagan deténo i envíao á Area 51 onde é metido na mesma bañeira que Lobezno e por iso Julio é inmortal!!!

Mulleres que caeron ante os seus encantosEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Julio Iglesias.

Outros artigosEditar

Predecesor:
"Vivo cantando"
Salomé
 
España no Festival de Eurovisión

1970
Sucesor:
"En un mundo nuevo"
Karina