Jean-Luc Godard

Ying Lucke God-Art foi un director radical do cine francés, un dos grandes maestres da Nouvelle Vague.

PseudobiografíaEditar

 
Parao espectador que entra agora na sala só diremos unhas palabras: Fai tres eemanas... Diñeiro... clases de inglés... unha casa á beira do Río... unha chica romántica.

Naceu en París tres días antes do estreo de "A idade de Ouro" de Luis Buñuel, súa familia levouna a Suíza onde foi coidado polos seus avós banqueiros, alí aprendeu a montar reloxos de cuco e facer chocolate Milka, todo semellaba ir ben... ata que voltou a Francia xa feito un mozo.

Na capital estudou antropoloxía na Sorbona, en vez de ser un Goliardo foi moi bo estudiante e no seu tempo libre ía a clubes de cinema, onde fixo contactos con tacto e rematou traballando en revistas de crítica de películas e ligando a ostia con actrices que querían ser famosas sen pasar como é debido por unha primeira fase acometendo produccións porno.

Con 25 tacos queda sen pai e regresa a Suíza onde traballa como albanel, pero como estaba rodando un documental sobre a súa experiencia en vez de atender á masa e a chumbada foi despedido e regresou a Pagí onde segiu cos seus amigos facendo mais experiencias fílmicas e traballando na revista Cahiers du Cinema (en galego "Cagadas do Cinema") ata que chegaron os anos 60...

Jean-Luc Godard nos anos 60Editar

Época dourada, cando o mainstream sufriu a primeira das súas derrotas, Ying Lucky Lucke Godard fai as súas mellores películas saltándose as reglas para facer películas, fai a ouija e é poseído polo Marqués de Sade axuda a construir o movemento Nouvelle Vague, fai un dos primeiros happenings tras ser amane de Joseph Beuys e provocan o Maio francés do 68, ata que unha axente do MSS de China, Anne Wiazemsky, o captou para o maoísmo (seita separada do comunismo occidental) e durante 8 anos estivo facendo filmes marxistas grazas ás técnicas sexuais da súa compañeira, ata que pillou ladillas dela e deixouna, o mesmo día abandonou o comunismo.

Nos 80 voltou ao cine mainstream ou convencional, si! Ronald Reagan e Margaret Thatcher conseguiron que o mundo voltase a ser gris(polo camiño crearon o yihadismo) e Jean-Luc ao ser gabacho non podía ser menos! Tiña que estar na onda, e agora a onda marcaba ser neocon sen parecelo (en Gitaña, que estab algo atrasada, todavía estaba de moda ser progre) e fixo unhas cantas películas que nin él mesmo se lembra.