Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Isabel I de Castela

(Redirixido desde "Isabel a Católica")

Isabel a Católica, mais coñecida como a Nai de España Sabela I de Castela, é unha santa católica apostólica imperialista que gobernou o reino de Castela a finais da Idade Media e iniciou a santa e católica unidade de España, sen ter en conta que Portugal tamén era España/Hispania e por iso ficou fora.

Isabel I de Castela
Raíña de Castela[1] e de Aragón.
SabelaCatolica.jpg

13 de decembro de 1474 - 26 de novembro de 1504
Predecesor Henrique IV
Sucesor Xoana I e Filipe I

20 de xaneiro de 1479 - 26 de novembro de 1504
Predecesor Xoana Henríquez
Sucesor Germana de Foix

Coroación 13 de decembro de 1474 na Igrexa de San Miguel (Segovia)
Nacemento 22 de abril de 1451
Convento de San Agustín (Madrigal de las Altas Torres), Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
Falecemento 26 de novembro de 1504
(53 anos)
Palacio Testamentario (Medina del Campo),
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
Sepultura Capela Real de Granada
Consorte Fernando II de Aragón
Descendencia véxase descendencia
Casa Real Casa de Trastámara
Pai Xoán II de Castela
Nai Isabel de Portugal

Escudo de Isabel I de Castela
Isabella I of Castile Signature.svg

Índice

Vida e milagresEditar

Sabela naceu dunha raíña (conditione sine qua non pra reinar per se a priori) e dun rei, nalgún lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme, ao pouco comezou a reinar o seu irmanastro Henrique o maricón (segundo rei homosexual hispano tras Afonso o Casto), que a tivo lonxe da Corte xunto co irmá pequeno dela nalgún mosteiro agardando que madurase pra despois casala ao mellor postor.

 
Isabel e Fernando, tanto da da tanto.

Pero o destino de Sabela truncouse ó ser educada esta por unha monxa e un monxe que lle emteron ideas raras na cabeza, como que Deus elexía reises e a democracia era cousa do Demo e que debía rezar moito polos pecados aínda non cometidos, quixeron casar cun alto funcionario, pero como Sabela sabía que era moi vello o mandou envelenar. Estando rezando a eito co seu irmán pequeno achegáronselle varios secretarios de nobres contrarios ó rei, co fin de que o irmán pequeno de Sabela, Afonso, se unira á conspiración da nobreza contra o rei co gallo de facer a Afonso rei. Comezou así a IIª Guerra Civil Castelá, entre os nobres e o rei Henrique IV o Impotente coa súa muller (pero non era impotente coas putas de Segovia), as cousas voltaron a torcerse porque Sabela tivo unha visión divina, baixou un anxo do Señor e lle dixo qe tiña que ser ELA quen debía reinar en Castela, e lle deixaba nas súas mans o método pra lograr o seu fin divino. Asi que aproveitando que vivía co seu irmán envelenouno e morreu ó día seguinte de comer unha troita con pan. Asi que nobreza tivo que mudar os seus plans e puxeron a Sabela como candidata ó trono.

A guerra prosiguiu, e como vían que estaban gastando moita pasta decidiron facer unha tregua, firmando un pauto en Guisanto (Ávila),Sabela aproveitou a tregua pra rearmarse e buscar aliados nos reinos veciños, obtendo unha subvención do reino musulmán de Granada e iniciando entrevistas segredas co príncipe herdeiro do reino de Aragón, co cal se casaría despois e darían lugar ós Reis Católicos. Todo isto foi descuberto polo CNI e o rei Henrique enviou á garda civil pra cantarlle as corenta, pero ela fuxiu e casou en segredo con Fernando o Católico, tras falsificar documentación do papa pra casaren, como este matrimonio contraviña ó pauto de Guisando o rei Henrique renomeou á súa filla, Xoana de Castela como seguinte raíña e morreu envelenado tras asisitir a un banquete en Segovia con Sabela.

Entre Xoana de Castela e Sabela de Castela iniciouse outra guerra, a IIIª Guerra Civil Castelá, Sabela non fixo luto nin ná e proclamouse raíña de Castela. Co fin de non iniciar outra guera Xoana tentou que as cidades decidisen quen gobernaría través dunha votación, pero como iso era democracia e era un invento do Demo, Sabela fixo que un "ovni" abducise á súa sobriña Xoana ou Juana la Beltraneja e así liberouse dela.

Pra ter o control sobre o seu reino, tras rematar a guerra e premiar a todos os nobres, incluso ós que apoiaran á súa rival, creou a Gestapo, ou Santa Irmandade, e ás SS, ou Inquisición española. Pra ter un chivo expiatorio iniciou a guerra contra o reino musulmñán de Granada, á que tras conquistar limpouna de moros echéndoaa con xitanos e xudeus; pero seu arcebispo estaba lendo un libro de Hitler ("La guerra civil empezó en 1934") asi que decidiu transformar ós xudios en cristiáns, e os que non quixeran pois darlles unha patada no cu, todo isto aprobado pola raíña Sabela sen adiviñar que aí só quedaban os españois vagos en todos os seus estados e a levarían á decadencia.

Por si fora pouco Sabela seguiu emitindo leis, prohibiu o xogo, os casinos, fabricar e importar vestimentas luxosas (excpeto que foran pra regalarllas á Deus vía Igrexa católica), co fin de salvar a alma pecadora dos seus reinos, pero como seus síbditos non quería ser salvados tívoos que enviar a campamentos de reeducació e cortar algunha que outra cabeza (como a de Pero Pardo de Cela). Quixo o demo fastidiarlle a súa laboura e fixo que súa filla herdeira virase tola, a moi famosa Xoana a Tola (igual que súa avoa) e seu amante o Gran Capitán tróuxele de Italia unha ETS que lle destrozou os baixos e a levou á tumba.

NotasEditar

  1. A titulación completa era: Raíña de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Algeciras, de Xibraltar e Señora de Biscaia e de Molina

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Isabel I de Castela.

Outros artigosEditar