Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Irmáns Kaczyński

Os Irmáns Kaczyński, Lech e Jaroslaw Kaczyński, foron un robot humanoide do partido "Pataca e Xustiza" que dominaron Polonia a principios do século XXI ata que Bob Esponxa e Tinky Winky atentaron contra o avión do Lech Kaczyński, desde entón o clan veuse abaixo.

HistoriaEditar

Polonia ano 2005, o país tenta fuxir da influencia do Imperio Ruso así como da opresión militar do Imperio Gringo e do monopolio francoalemán da Unión Europea. Científicos do partido político "Pataca e Xustiza" crean un Mecha, un robot de combate nacionalsocialista que tentará devolver o esplendor católico a Polonia para que esta sexa tan importante como cando poñía Tsares en Moscova e condes na Alemaña, así crean os irmáns Kaczyński (pronúnciese Kachinski), xuntos e unidos pola Forza ou Qi, levan aos placos polo bo camiño contra toda caste de obstáculos, como o Imperio Gay e os malvados troglosocialiks que tentan voltar ao pasado soviético a amada patria de Miecislao I de Polonia e Rei Ubú.

O goberno deste dous tivo grandes éxitos, como frear ao Imperio Freezeriano, devaluar os eslotis para que Transilvania deixara de enviarlles terrolistos, plaxiar o vodka e axudar aos Estados Unidos de América bombardeando Irak con patacas fritidas en xamón. Peor unha desas fritangas fixo que os circuitos do robot de combate fallaran e separáronse ambas partes iniciando o Apocalipse e Armagedón eslavo!!

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Predecesor:
Ubú rei.
Primeiros irmáns xefes de Estado
2004-2007
Sucesor:
Beata Szydło