Abrir o menú principal

Desgalipedia β


England/Inglaterra
BandeiraEscudo
Capital
 Poboación
Londres
Cidade máis poboada Londres
Linguas oficiais Inglés
Isabel II
David Cameron
 • Total n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
Moeda Libra esterlina
IDH Moi grande ca Chile.
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d

Inglaterra é un país. Estado que goberna na hora do té a medio Occidente (o outromedio o reparte con Francia e Alemaña) sendo escravo dos USA co fin de manter o que fice do Imperio Británico antes de que sexa comesto dos zulues e dos inuits da India.

Inglaterra é o país do parlamentarismo e a literatura gay, o que atrae a moitos inmigrantes de Asia e Galicia, onde o Imperio Británico tiña as súas colonias (como a India e A Coruña).

Índice

HistoriaEditar

Artigo principal: Historia de Inglaterra.

Inglaterra foi fundada por un tataraneto de Breogán que pasou de Irlanda cara aquí e encheu esta illa de celtas, que alzaron un goberno teocrático e comunista, con tanta fama que os druidas de Francia viñan aquí a aprenderen de todo. Todo ía ben ata que o Imperio Romano conquistou toda Inglaterra, poñendo un muro aló na fronteira con Escocia, a capital da provincia foi Londinium onde colgaron á raíña Boadicea.

 
Saxóns imponendose.

Trala caída dos Romanos comezou a Idade Media o Rei Artur pasou a gobernar estas terras anos despois pero debido a problemas intestinais perdeu o reino e fuxiu a Nunca Xamais, o reino pasou a estar gobernado polos Anglos e o Saxóns, estes últimos imporíanse sobre os demais e formaron varios reinos con difrentes reises que pelexaban entre sí por controlar toda a illa, ata que Alfredo o Grande conseguiu dominar ao resto de reinos mediante o asasinato da competencia, así cando morría un rei veciño botáballa a culpa aos Vikingos e dominou coa súa dinastía pero debido a que algunhas casas nobres querían ser rei no lugar do rei aquel rematou coma Canción de xeo e lume, e despois invadiron Gales.

A finais do medievo houbo guerra civil inglesa, entre os amantes das camelias e as rosas, resultando vencedores os Tudor, que despois fixeron unha serie de televisión exitosa e dominaron o resto da historia inglesa.

 
A Unión Jack!

Na Idade Moderna Inglaterra arrexuntouse a Escocia e comezou a desfacerse do seu excedente de mariñeiros gays enviándoos polo mundo adiante a facer o pirata ao tempo que facía un xenocidio contra os Católicos. O Imperio Británico comezou a invadir América e Asia á vez que se pelexaba contra media Europa conseguindo ser mais cool que España e logo Francia no século XIX, época na que inventaron o Romanticismo e a Revolución industrial.

Política e GobernoEditar

Política de InglaterraEditar

Artigo principal: Política de Inglaterra.

O goberno inglés está baixo o parlamento inglés, que se desfixo do absolutismo tras executar a Lady Di, meteron a tódolos terratenentes na cámara dos Lores e así non molestan tanto.

Subdivisións e Gobernos locaisEditar

Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constitución que ten sido algo variable debido aos ataques Guillerme Tell o Conquistador e Robin Hood. Actualmente, a lista é a seguinte:


DistritosEditar

Os distritos son o terceiro nivel da división inglesa e existen catro tipos deles:

  • Provincias metropolitanos - Que son onde existen as cidades e poden ser obxecto de bromas do Monty Python.
  • Provincias non metropolitanos - Que son as rexións onde están situadas as facendas creadoras de vacas tolas.
  • Autoridades unitarias - un nome diferente para os distritos do País de Gales que os ingleses non lles gusta.
  • Brownies Boroughs - WTF?

ParroquiasEditar

A menor subdivisión inglesa, ninguén sabe exactamente para que unha parroquia serve. Pero consultei no dicionario e conseguín unha resposta a este misterio: As parroquias inglesas son parte do territorio dunha diocese que ten unha igrexa matriz e é administrada por un párroco.

CulturaEditar

Artigo principal: Cultura de Inglaterra.
Feriados
Data 11/4 Nome en galego Día da Inglaterra Nome local Saint George's Day (Día de San Xorxe)

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Inglaterra.

Outros artigosEditar