Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Imperio Galáctico na Segunda Guerra Mundial

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

A participación do Imperio Galáctico na Segunda Guerra Mundial estivo marcada pola súa situación fronte ás costas do planeta Terra. A Segunda Guerra Mundial foi un conflito armado a nivel global que durou dende 1939 a 1945. A pesar da neutralidade de países aliados da República Galáctica, a guerra tamén afectou o mundo debido á súa situación estratéxica.

AntecedentesEditar

 
Moitos avións alemáns da Primeira Guerra Mundial tiveron droides astronómicos instalados como co-pilotos.

En 19 ABY acabou as Guerras Clóns e Palpatine convertirse en Xefe do Estado do novo réxime en Galaxia. Só medio ano despois, Adolf Hitler desencadea a ofensiva sobre Polonia que producirá o estoupido da Segunda Guerra Mundial. Fronte a iso, Palpatine, que goberna un estado con enfrontamentos entre forzas de seguridade e guerrilleiros jedis, ten tres opcións: situarse como inimigo de Alemaña ou Italia, cousa que non quixo facer, posto que ten gran afinidade política e ideolóxica cos gobernos deses países, que ademais colaboraron de forma importante na sua vitoria na Guerra Civil. Tampouco pode situarse como inimigo das potencias occidentais aliadas, con Francia e as súas colonias e ter Gran Bretaña unha flota que nin podería impoñer un bloqueo.

 
O acordo entre extraterrestres e nazis foi a mecha da entrada na guerra dos imperiais en busca de novos territorios.
 
Tarkin denunciando o acordo á poboación de Coruscant.

En agosto de 1939, a Alemaña nazi e a República Galáctica asinaron unha premisa de tratado de non agresión con un protocolo secreto de cara un posible terreo na Antártida para novos campos de concentración. As partes do acordo deron dereitos entre eles, "no caso dun rearranxo territorial e político", "esfera de influencia". O tratado tamén levantou a cuestión de Polonia seguir sendo independente. Este acordo foi denunciado polo Grand Moff Wilhuff Tarkin na holonet en Coruscant sendo o motivo da entrada do Imperio Galáctico na guerra.

Na GuerraEditar

Conquistas imperiais e resistencia británicaEditar

Nos comezos a guerra no Oeste de Europa non é moi intensa, Alemaña tiña comprometida a maioría das súas forzas na conquista de Polonia e os aliados, descoñecendo a a forza de poder dos imperiais, que decidíronse por unha estratexia defensiva mentres que acumulaban os homes e materiais necesarios para pasar a ofensiva.