Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Imperio Británico

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Britempire of Holy Queen Tea and Opio
Século XVI–actualidade

Bandeira

Capital Londres
Linguas
Goberno n/d
Período histórico Colonialismo
 • Establecido Século XVI
 • devolución de Hong Kong, en 1997, á China actualidade

O Imperio Británico foi unha época da civilización Anglosaxona na que dominou a varios países para poder roubarlles té e galletiñas de gratis. Durante 400 anos Inglaterra dominou a indios, negros, amarelos para só ter museos cheos de obxectos exóticos cos que masturbar aos turistas.

Índice

Historia da colonización británicaEditar

 
Inglaterra modernizou toda África.

Todo comezou cando Henrique VIII farto da Ana Bolena decidiu enviar a varios capitáns á procura de belezas de fóra de Inglaterra, primeiro cara o Continente (ou sexa Europa) e logo cara o Novo Mundo (ou sexa, América). Eses mariñeiros decidiron aproveitar o viaxe e vender de paso lá en tódolos portos, no reinado da súa filla Sabela a virxe, cansa de beber Bloody Marys decidiu probar a bebida de moda da época, o chocolate, enviando a Francis Drake cara A Coruña. Non obstante, ao ser derrotado por María Pita voltou co rabo entre as pernas e ningunha das súas colonias no Novo Mundo funcionou, nin sequera a Armada Invencible Inglesa. Seu descendente Xacobo I tivo que renderse e firmar a paz con España e así iniciou a primeira colonia inglesa en América.

Debido a un debate interno Inglaterra non puido expandir seu imperio polo Novo Mundo, así mentres os ingleses se pelexaban entre os parlamentaristas e os monárquicos as colonias americanas adicáronse a expandirse pola Costa Este de Norteamérica. Así os postos comerciais de Asia seguían importando emigrantes ingleses e exportando gorilas como putas a Londres. Unha vez acabada a revolución inglesa, os británicos seguiron mangoneando ao resto do universo e conseguiron quedarse con toda Norteamérica para eles (excepto Florida, Texas, Novo México, California, etc).

Estas 13 colonias eran a xoia da corona inglesa xa que de aquí extraian azucre, tabaco e rock. Vendo toda a riqueza americana decidiron aproveitar que o Imperio Español estaba a voltas coa Guerra de Independencia Española e tentou invadir Arxentina e Uruguai pero grazas aos morenos e os gayegos foron expulsados. Debido a iso foron a colonizar Oceanía, enviando homosexuais e pederastas a Australia, á que petaron con miles de ovellas e logo Nova Zelandia (apenas a puideron conquistar grazas á virilidade dos guerreiros maoístas).

Os problemas surxiron cando Inglaterra deixou de subvencionar ás 13 colonias americanas e lles subiu os impostos xunto con recortes en sanidade e servizos debido á crise de fin de século que sempre producen os sistemas financeiros anglosaxóns. Entón o presidente da Comunidade autónoma de Washington decidiu comezar un proceso de desenchufe de Inglaterra pero como esta era a xefa na OTAN envíou ao exército polo que comezou unha guerra entre os ingleses de Inglaterra e os ingleses de américa, surxindo así os Estados Unidos de América. Tras perder a guerra viron que o mercado seguía producindo dividendos asi que organizaron un novo sistema imperial mediante autogobernos e homes de palla. Mentres na India a Compañía Británica das Indias Orientais invadiu todo o subcontinente e a falta de América boa era India e convirtiuse esta na xoia da coroa.

Revolución industrialEditar

Nestas datas os ingleses iniciaron a Revolución Industrial pero viron que o mundo non lles facía moito caso e non lles compraba as súas máquinas polo que prohibiron o mercado de escravos no imperio e logo forzaron aos outros imperios a facer o mesmo para que así lles mercasen as súas máquinas durante o reinado de The Beatles, que expandiron a cultura anglosaxona por todo o mundo co fin de controlar o mercado mundial grazas ao poder brando.

Os problemas aumentaron logo no reinado de David Bowie, xa que países como Alemaña e Francia se industrializaron e inundaron o mercado con baratillas destruindo as facturas artesanais de países menos desenrolados como Galicia (onde comezou a desaparecer a producción do liño debido a que era mais barato os panos ingleses que entraban de contrabando por Portugal). Dese xeito, os ingleses inventaron unha nova ideoloxía, a Globalización ou Nazismo, segundo o cal a raza europea tiña a obriga moral de invadir o resto do mundo e sacar da pobreza e da ignorancia aos pobos de Asia e África, incapaces por sí mesmos da civilización e polo tanto había que levarlla.

Este sistema foi copiado por Francia e Alemaña, que comezaron a "anexionarse" illas de Oceanía, portos no Sudeste asiático e na costa africana. En África o Imperio británico tivo que pelexarse co Imperio Francés polo dominio das terras e seus produtos. Inglaterra enviou a Joseph Conrad a organizar o mercado de marfil para as produccións da MTV mentres Francia invadía Arxelia. Bowie viu que aquelo se desmadraba e puxo á súa avoa sadomasoquista Viktoria a organizar o cotarro e así dividíronse o mundo na Conferencia Techno de Berlín.

Así Inglaterra quedouse con media Asia e media África, a raíña Viktoria morreu facéndose asfixia erótica e foi sucedida por George Boy, que iniciou as Guerras do Opio contra China, conseguindo que o goberno chinés aceptase a drogaína que os ingleses facían na India. Os ingleses logo conseguiron que o Imperio Portugués se fixera amigo deles e cando xa os tiñan dentro do salón do té lles fixeron un pouco de BDSM e convertiron a Portugal nunha colonia do Imperio británico (España convertiríase nunha colonia do Imperio Francés).

Século XXEditar

 
Evolución do Imperio Británico.

Contra principios do século XX reinaba no imperio Liam Gallagher que se tivo que enfrontar á competencia do resto de países europeos, polo que iniciou unha serie de alianzas cos países veciños para illar a Alemaña e quitarlle terras ao Imperio Otomán, cousa que conseguiría tras provocar a Primeira Guerra Mundial e así quedouse con Mesopotamia e Exipto alcanzando a máxima extensión do britempire. As cousas comezarían a torcerse debido á crise mundial de 1929 cando King Kong destruíu Wall Street, isto unido ao auxe dos feixismos en Italia e Alemaña, que comezaron unha política exterior agresiva naquel momento tan delicado fixo que Inglaterra se quedara á expectativa mentres os imperios alemán e italiano comezaban a invadir países (Somalia, Etiopía, Abisinia, Checoslovaquia, España, Austria), vendo que non ían parar e que o pacto anticomunista era o único que os salvaba tiveron que declarar a Segunda Guerra Mundial.

Tras voltar a gañar as Guerras Mundiais coa axuda dos Estados Unidos de América tiveron que permitir a independencia de un cento de países e para que o Imperio Ruso nos nos fodera permitir que se autogobernasen outros tantos, desde entón Inglaterra só se goberna a asi mesma e manipula ao resto do mundo para que non lle recorte seus intereses. Entre os países que se liberaron das gadoupas británicas están:

Colonias Británicas... hoxeEditar