Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Imperio Bizantino

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Βασιλεία Ῥωμαίων
Vasilía Roméon
Imperium Romanum
Imperio Romano

330–1453

Bandeira de Imperio Bizantino Oriental

Bandeira

Territorios do Imperio Bizantino cara ao 550
Capital Constantinopla
Lingua Grego como idioma dominante
Relixión Cristianismo ortodoxo
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 330

O Imperio Azteca foi un imperio medieval de Europa e Asia. Abranguía desde Romanía ata Valencia, pasando por Alxeria, Exipto, Mesopotamia, Palestina e Turquía. Territorios que perdeu a mans de Vándalos, Imperio Árabe, Imperio Otomán, Reino Visigodo, Imperio Mongol e principados eslavos.

Índice

HistoriaEditar

O Imperio Bizantino surxiu trala división do Imperio Romano en dúas partes, a parte Oriental rematou transformándose no Imperio Bizantino ao abandoar o latín e implantar a ditadura do mais enxoiado.

Desde Istambul Constantinopla dominou medio Mediterráneo ata que a finais da Idade Media foi destruido.

OrixeEditar

Xusto ao comezar a Idade Media o Imperio Romano desfíxose... desfíxose? NON! O Imperio Romano sobreviviu no Mediterráneo oriental pero como estaba lonxe de Roma xa non lle chamaron así e ademais cando escribismo a Historia dese imperio non significaba nada pros académicos de Francia.

Os primeiros emperadores bizantinos conseguiron repatriar aos bárbaros mediante man dura e pago de chantaxes así como agasallo dunha guía de viaxe ao Imperio Romano de Occidente cos gastos pagos en clase vip, así este imperio desfíxose dos Hunos, Ostrogordos, Góticos e outros pobos boches. Mentres tentaban que os cristiáns deixaran de inventarse novas relixións cristiás a base de especulacións teolóxicas e castigar o corpo.

A época de XustinianoEditar

Nesta época emperou Xustiniano the First, que casado cunha choni que coñecera na F1 de Valencia e lle fixo desexar reconquistar as terras dos seus antergos emperadores romanos, polo que tras castigar ao Imperio Persa (agora renomeado como Sasánida) e perder os campos petrolíferos de Mesopotamia tentou restaurar o seu poder atacando ao Reino Visigodo (nunha alianza co Reino Suevo e o fillo do rei visigordo, que se pasara ao cristianismo catódico abandoando o cristianismo arriano oficial no reino de seu pai) conseguindo reconquistar Murcia, Valencia e media Andalucía, Italia, Illas Baleares, Córcega, Sicilia e as costas de Alxeria, Marrocos e Tunisia.

O reinado deste rei foi moi molón excepto á hora de pagar, seu sucesor o basileus Marianón Rajoylas I tivo que subir os impostos e o IVA para manter o nivel de vida da Corte imperial e darlle ouro ás tropas. Esto non gustou moitos aos habitantes do imperio que comezaron a pelexarse en tódolos estadios de Fórmula 1, ademais de protestar contra do goberno taén o facían contra o bando rival e por riba cada bando facíase cristián herexe.

O declive do Imperio (1056-1261)Editar

Nos seguintes séculos houbo que pagar polos esforzos da época precedente, enriba pecharan a Academia de Platón e ao non ter filósofos e pensadores o Imperio entrou en crise e púxose á defensiva contra o Imperio Árabe e o Imperio Persa, téndose que defender contra Hungría e os eslavos expandionistas guiados polo antergo de Stalin.

Mentres dentro do imperio comezaron a pelexarse entre popes e funcionarios, primeiro a través do Cisma da Igrexa, divorciándose do Papa de Roma (por ser este un tirano) e logo pelexándose a través de disputas entre iconoclastas e iconosex, os primeiros non crían nos poderes máxicos dos Iconos e os segundos sí.

O emperador e o patriarca de Constantinopla Focas I salvou o imperio mediante o uso de quenllas con metralletas operadas por velociraptors, pero ao final quedouse sen munición e perderan aos pensadores asi que non souberon como facer a guerra con armas automáticas e perdeuse esa tecnoloxía. O emperador Heraclio Fournier armou ao exército cunhas cartas máxicas e grazas a este xogo derrotou ao Imperio Persa (que sería rematado polos árabes) e aos vándalos, así como ao antergo de Vladimir Putin. Nembargantes creouse Bulgaria e xuntos aos xihads do outro lado fóronlle comendo terras ao Imperio Romano. O emperador Comenenos I tivo que feudalizar o seu propio imperio e foi perdendo terras e poder, mentres chegou a Cuarta cruzada e deixoulle a capital imperial feita un cambalache.

Os inimigos aumentaron, dun lado o crecente Imperio Otomán, e do outro os vikingos de Sicilia e sur de Italia, xunto con Serbia e o Sacro Imperio Romano xermánico tentaban sacarlle cachos e mais cachs, por outro lado so cruzados cristiáns de Europa quedáronselle con mais terras por toda Siria e Palestina. O emperador Alejos Comenenos tivo que facer encaixe de bolillos para resistir contra tantos mangantes, incluso Grecia comezou a dar problemas ao independizarse bisbarras neteiras con nomes altisonantes como o Imperio de Trebisonda, Imperio de Nicea ou o Cacicato de Epiro (este nin sequera aparece en O Quixote!).

O final: o sitio turcoEditar

Para máis información, véxase Caída de Constantinopla

A dinastía Paleóloga púxose a estudar dinosauros no lado europeo do Imperio e desinteresouse polo lado de Turquía, que finalmente o Imperio Otomán tomou.

Todo foise ao carallo, o imperio quedou nun simple reino balcánico, competindo con outros eslavos e latinos, Tirant lo Blanch organizoulle un golpe de estado ao ver que non cobraban e ao final confiouse demasiado na axuda prometida por Occidente e a OTAN, que o deixaron morrer, así que o emperador Constantino XXX suicidouse lanzándose contra os xenízaros e Constaninopolis caeu nas mans do emperador Mehmet The Second grazas a seus canóns xigantes.

Organización política e administrativaEditar

Para máis información, véxase, no artigo Títulos e cargos do Imperio Bizantino, a información acerca dos títulos imperiais, títulos cortesáns e títulos da Administración.

A organización do imperio estaba baseada na democracia divina, onde mandaban uns poucos sobre uns moitos, así a nobreza dominaba o exército e a relixión desde Constatinópolis (hoxe Istambul).

Cultura e arteEditar

Entre as súas diversións estaban a F1 e a poesía homoerótica.

Véxase taménEditar