Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Ilustración

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ilustración (homónimos).


NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Si, os iluistrados tiñan non só que sufrir ós reis e principiños parvos senón tamén ó pobo analfabeto e escravizado.

Caixón de pensamento xurdido no s XVIII (Antigo Réxime) en Europa, basado nas ideas revolucionarias sexuais dun grupo de franceses que querían explicar o Universo mediante a Razón e a Ciencia ata aquel entón todo o mundo o explicaba mediante os xogos de rol).

Índice

OrixeEditar

Ao principio eran só uns cantos pijos gabachos que ían de salón en salón aristocrático emitindo varias ideas provocadoras pra facer humidecer as bragas das súas anfitrionas, estas que non eran parvas mandaron facer novelas e ensaios sobre as ideas destes philosophes e daras a coñecer ó mundo (según me dixo María Reimóndez) e cambialo desde dentro pra acabar co antigo réxime e coa dictadura totalitaria da Igrexa católica e dos protestantes.

Debido á censura da Inquisición e das monarquías absolutas estas ideas (usar o sentido común, a razón, liberdade, solidariedade, etc) tardaron en causar o seu efecto transformador no resto do mundo e chegaron con contagotas a reinos veciños, sendo os mais ilustrados Francia, Inglaterra e Alemaña (reinos que hoxe son países moi potentes e Esopaña non por querer ser "españolísima" sempre).

Ideas básicasEditar

A ilustración partía de varios conceptos:

  • Experimentación. que mellor forma de saber se algo é malo que probandoo e non ficar nas costumes sempre.
  • Criticar todo o que se sabía ata entón pra descubrir cousas novas, ou sexa invertir en I+D.
  • Querer saber mais cousas e non quedarse só co que xa sabemos, ou sexa estudiar sempre e deixarse de facer o vago ou que inventen outros.
  • A verdadeira revolución é o progreso.
  • A Felicidade é o obxecivo numer one.
  • Reformismo: mudar o mundo pouco a pouco.

CarcterísticasEditar

  • Descubrir as leis da natureza pra poder crear a enerxía atómica e colonizar todo o universo.
  • Facer que todo o mundo sexa racional pra poderen seren felices e eliminar todo o irracional: a relixión, os prexuízos, as emocións, etc
  • Liberdade en tódalas cuestións relixiosas, filosóficas, políticas, económicas, sexuais..grazas a eles xurdiu o Queer.
  • Deísmo. Deus existe pero anda á súa bola e o ser humán debe facer o mesmo.
  • Moral laica: débese respetar os dereitos dos demais non porque o mande Deus senón porqe a razón esixe o respeto ós demais.

LíderesEditar

  • Montesquieu: que tivoa grandiosa idea de que cada corpo do estado(lexislativo, xudicial, sexual) debía sr independente e non depender dun rei ou dun presidente, por iso aborecía tanto ás monarquías absolutistas como as parlamentarias e as repúblicas presidencialistas.
  • Voltaire: inventor da liberdade de pensamento pra poder facer o que quixera e súa moz ao deixara en paz.
  • Rousseau: que pensou que o ser humano nace bo e a sociedade o desgracia.
  • Diderot: que tivo a gran idea de crear as enciclopedias, pioneiro de internet e por iso foi perseguido polo rei e a igrexa.

Cabezas pensantes rexonais ilustradasEditar

  • O Padre Feijóo.
  • Frei Martín Sarmiento.
  • Xosé Cornide Saavedra.
  • Luís Marcelino Pereira.

A ilustración en GaliciaEditar

Galicia ficaba no atraso económico, intelectual e político debido a que grandes poderes (igrexa, monarquía española) así o querían, polo que as ideas da ilustración tardaron moito tempo en chegar e séculos en callar entre o pobo (e cando callaron foi pra seren manipulados polos políticos), aínda que a Ilustración contou con membros tan ilustres como Feijóo, Sarmiento, Cornide, Pereira tivero que realizar a súa vida intelectual fora de Galicia, xa que de vivir neste país a súa obra non tería a repercusión que tivo por viviren nun país escravizado por uns poderes cuxo obxectivo era seguir vivindo de rentas e con privilexios sobre unha maioría da poboación, e por iso querían evitar que a opinión pública tivese opinión propia.

Ademais a ilustración galega esquivou sempre os grandes problemas de Galicia: o sistema agrario fundado na renda foral, a marxinación, a pobreza, a emigración estacionaria, os foros, a sumisión á monarquía española que non facía nada polo país, etc así que en vez de desembocar na Revolución (como a ilustración francesa) a ilustración hispánica caeu no depotismo ilustrado. Nembargantes xerouse unha literatura clandestina escrita a man (así non pasaba pola imprena onde tiñan que ter permiso do bispo e do capitán xeral) nas cidades galegas facendo mofa dos poderosos.