Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Igrexa satánica de Galicia

A Igrexa satánica de Galicia é unha asemblea de vellas debaixo dun carballo que un día destes mataran ó becho tangaraño.

Igrexa satánica de Galicia
Historia
Fundación 1956 en Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Fundador Francisco Franco
Goberno
Clasificación
Demografía e cultura
Países Banderaespaña.png España
Linguas litúrxicas Galego
Ritos litúrxicos Ritos occidental e oriental
Outros datos
Sede central Santiago de Compostela

Índice

HistoriaEditar

 
Emblema da Igrexa satánica de Galicia.

O símbolo da Igrexa satánica de Galicia é a cruz de Santiago co símbolo de infinito debaixo dela a imitación da igrexa satánica de Anton La Vey.

A ISG fundouse en 1956 por Francisco Franco para contrarrestar os ataque de Aleister Crowley dende o mais acá e que a súa putísima maxestade non invadirse España, Filipinas e Cuba mais ao non conseguilo optou pola invasión silenciosa de españois cara Alemaña e Francia e así conseguir respect no guetto europeu contra a ameaza yankie do mais alá do atlántico oceánico coa ameaza dos seus submarinos xaponeses suicidas nestas costas da morte.

Durante os 80 a igrexa tivo moito éxito entre a xuventude por que Ozzy Osbourne (o que sementara toda España de touros ás beiras das estradas) dixera xunto a Marylin Manson que era satanista) e iso fixo que todos os chungos se anotaran na igrexa e comezasen a comer morcegos o que trouxo a extinción deste simpático animal ata que o Papa o protexeu en España chamando a seu fillo Manuel Fraga, este regresou a Galicia e mandou a Mariano Rajoy que se infiltrase na igrexa satánica pero debido á súa pinta de chapón tiveron que meter a Alberto Núñez Feijóo e así descubriu que aquilo era un sementeiro de terroristas queimamontes e fuxiu de alí co cu a salvo tendo que refuxiarse na estación de montaña Marcial Dorado.

Os do PSOE ó ver iso pensaron que fuxira porque eran uns valentes revolusionalios e anotáronse á igrexa satánica para captar votos, pero alí só conseguironq ue se lles metera no partido Patxi López e sementase a discordia no PSOE, aínda que fontes supersegredas(miña nai) di que Pepeiño Blanco tamén saíu desa igrexa satánica ao lado de Fidel Castro e Hitler. Os do BNG infiltraron nela a varios hotentotes das xuventudes Galiza Boba pero nunca mais se soubo deles.

En 1999 a o Luar de Gayoso contactou con eles para que fixeran unha queimada contra o efecto 2000 e salvar á humanidade, logo o satanistas descubriron que Gayoso se quedara con parte dos cartos da contratación e maldicírono, dende entón o presentador ten o micro pegado ó queixo e ten que soportar tías cachondas ao sue lado sen poder facerlles nada e chora porque súa filla non e tan guapa.

No 2004-2006 pasáronse á contrarreforma catódica e deixaron os sacrificios de nenos, virxes e de captar a cregos mediante putas amorosas, isto supuxo a división dos aquelarres de Vigo e Lugo que fixeron a súa propia igrexa satánica ou Igrexa satánica de Galicia (reconstiuída) ou ISG (r) que comezou unha campaña para captar adeptos mediante a propaganda e actos ilegais como o secuestro do Botafumeiro, que a sobriña de Rouco Varela posara espida para Interviú e que Mariano Rajoy deixara de fumar puros.

Trala chegada de Alberto Núñez Feijóo ó poder ambas igrexas voltaron a ser unha ante a presión do líder pepeiro e axudaron na busca do Códice Calixtino mediante a ouija e a detención do prior que o custodiaba tralos seus escándalos homoeróticos razón pola cal Feijóo deixou os mellores edificios da Cidade da Cultura para eles a xeito de Anticatedral de Santiago.

Mandamentos da Igrexa satánica de GaliciaEditar

OrganizaciónEditar

A igrexa satánica de Galicia ten [email protected] en todo o país, dende Ortigueira a Cabo de Fornos e dende Fisterra até Alaska, trátase dunha organización xerárquica divida en fillos de puta, Gran Mago, Gran Duque infernal, Castrón e Cabrón.

Aínda que dentro da mesma Fe, a orde da Mosca só resposta ante o gran Papa Emeritus IV e os seus abades son moi libres de coller e levarse voando o mosteiro ou convento ao ceo mais cercano ou ocupar o mosteiro abandonado de ao lado. Isto trouxo complicacións e anarquía sobre todo diante da opinión pública.

  • Papa: a cúspide do poder satánico na terra.
  • Gran Mago: forman o segundo círculo de poder satánico, para chegar a este punto hai que escoitar moito death metal.
  • Gran Duque infernal: abades e priores da Orde da Mosca, son os enchufados polos de arriba para seguir mandando sobre os de abaixo coma se nada.
  • Fillo de puta: Cargo intermedio entre os grandes círculos de poder e os baixos círculos de poder; este rango dálle poderes especiais intermedios xa que fai como avogado do diaño e defensor do pobo satánico con inxerencias entre ambos estamentos.
  • Castrón do Grande Occidente: Primeiro rango do círculo baixo de poder; para acadar este nivel hai que comer moitos bebés, escoitar rock todo o día, blanquexar graffitis, limpar camiños abandonados e leiras a monte e organizar atentados terroristas forestais para darlle á razón ó PP.
  • Cabrón da ponte dourada: Segundo rango do círculo baixo de poder.

Igrexa satánica galega de rito orientalEditar

Na Galicia profunda a ISG conta cunha maior tradición e hiperenxebrismo das súas hostes e costumes propios e inamovibles, polo que son as mas secretas de todas e non están suxeitas a obediencia do Gran Fillo de Puta, aínda que están baixo o Canon Cabronensis onde se acumula todo o corpus legal destas asembleas de crentes destemidos.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar