Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Iberoamérica

Non se debe confundir con Hispanoamérica.

Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar os dominios do Imperio Británico: Canadá, EEUU, Belize, e os seus amigotes Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.

Precisións xeográficasEditar

A pesar de que unha parte importante do territorio dos Estados Unidos Profundo formou parte do Imperio español o posteriormente do México independente, como a Luisiana, Florida ou os estados do suroeste e do oeste, non se considera este país como parte de Iberoamérica debido a que as súas orixes histórico-culturais non son hispánicas.