Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Reich Hispánico

(Redirixido desde "IV Reich Hispánico")
Banderaespaña.png Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente
no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes)
Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto.


O IV Reich Hispánico é un imperio mesetario que goberna con luvas de ouro alemán o sur europeu, trátase duns dos reinos diabólicos e vasalos do Imperio do Mal, foi fundado por Hitlaznar no 200 d. C. trala invasión da illa coliflor por parte de gabachos nazionalsocialistas que querían implantar de novo a marca hispánica de Carlos Magdestaing.

Índice

OrixeEditar

Todo comezou cando Manuel Fraga reuniu en torna súa aos restos dispersos dos fachas españois, conservadores ibéricos, liberales sexuais madrileños e algún grupo de empresas que querían que todo mudase para que seguise igual, unha noite de lúa chea na aeira de trigo fixeron unha Ouija e logo un sacrificio dun enneo xudeu conseguindo así crear a Aznauron, o Señor Oscuro, co gal galoparon pola Meseta central e tras invocar ás hordas cristianoides e ás falanxes da raíña Micomicona conseguiron dominar o antergo Reino de España.

HistoriaEditar

Aznauron grazas ao poder do anel e tras resucitar a outros antergos señores Sith (Franco, José Antonio...) comezou a tarefa de dominar a todos mediante o control mental a través da televisión, FAES, COPE, etc grazas ao dominio das pedras Palantír puídose comunicar con outros señores escuros da Europa, pero só conseguiu que Berlusgrima lle prestase outro par de televisións cos cales erguer un exército de resistencia contra do perigoso poder dos separatistas, conseguindo así o controls das provincias do Norte e Sur.

Grazas á maxia sacada do Norte e sacar da polvorenta Biblioteca Nazional os libros de eduacción anteriores a 1898 fixo que os españois formasen de novo os Tercios de Flanders e con les lanzouse a conquistar de forma sutil as colonias de Ultramar, conseguindo que os rexementos Repsol, Timofónica e Iberia tomasen Arxentina (aproveitando a súa crise provocada polo FMI). O presidente dos Estados Unidos de América fixouse neste novo poder e aliouse a él para conquistar Musulmania. Trala invasión e captura de botín do Museo Nacional de Bagdad, conseguiron o Santro Giral e a lanza de Lonxinios, cos cales convocaron a alma sith de Hitler e refundar o reich dos Mil Anos (moi querido polos gays, xa que mil anus dan para moitas orxías).

Aznauron rematou baixo a férula da CIA, e perdeu seu anel de poder, polo que foi á romería do Monte Faro onde lle obrigaron,a través do Anel Único a elexir como sucesor a Mariano Rajoy como novo führer do Neoimperio español. Nos seus primeiros anos de goberno na sombra, Rajoy tivo que facer fronte a unha pequena rebelión e contra da Aloanza de Civilizacións, á que consegiu vencer na Batalla do Monte FAESCOPE e así tras destruir ó rojerío ibérico comezou a expandir o seu reino malévolo a Cataluña, tras convertir a Valencia nun silo de mentres infectas cos que nutrir seu exército de Uruks Gays Musculocas, ós cales tivo que enviar a loitar contra os carlistas no Pirineo, onde tomaran a Radio Pirenaica e enviaban novas falsas e calumniosas sobre o pasado viril do Caudillito.

Darth Rajoy conseguiu estabilizar o poder central de Torre Mandril e mesmo enviar axentes culturais a Lisboa, cos cales todos os portugueses se botaron á rúa e unirse a España, o que quedaba da Familia Real Bubónica tivo que fuxir a Guinea Ecuatorial. O neoimperio hispánico voltaba ser atlantista, para que o sol non se puxera nos dominios españolistas enviaron a varios rexementos de Frechas e Pelayotupolla a Filipinas, conquistándoas a base de facerse pasar por estudantges bolseiros no Instituto Cervantes e desde alí dar un golpe de Estado e impoñer o Catolicismo e así rematar coa guerra civil entre cristianistas e islamistas. O sol xa non voltaba poñerse no Imperio Español.

PolíticaEditar

Logrou reconquistar as terras do Imperio Español dando golpes de estado en Venezuela, Ecuador (Panamá tívollo que deixar ao Imperio Gringo, así como aceptar que México fose un protectorado ianki) Perú, Chile, Colombia (bueno, nesta última enviou a varios ex etarras a infiltrarse na guerrilla e invadir o país) conseguindo así o control sobre miles de materias primas.

Logo cohesionou todo mediante o idioma (lingua hispánica: unha mestura de español con modismos latinos) e a relixión (O catolicismo cal senón) así como a protección inútil da OTAN e os consellos imbéciles do FMI.

IdeoloxíaEditar

O PP era un partido de centristas, dereitosos, neocons, liberales e outros desclasados que viron a súa oportunidade de facerse co poder durante a Postransición, en canato chegaron ao poder xa previran como manexar todos os cartos, gastaros en vez de nos españois no propio partido e pagando a estómagos agradecidos para que escribiran artigos manipuladores e así cambiar as leis. A ideoloxía do Hispanismo trouxo elementos de antisemitismo, hixiene política, combinado cun plan de expansionismo pepeiro.

GobernoEditar

Durante o Aznarato consegiuse tecer a maior bandeira do mundo, situala nunha plaza de Madrid e que tras unha misa, todos os presidentes autonómicos foran xurar devoción á bandeira e ós principios do movemento. Promulgouse unha lei pola que se aboliu os Lander (As comunidades autónomas) e reemprazounas polos Gau (Rexión) dirixidas por líderes do NSPP, convertidos en gobernadores policiais da rexión. Os funcionarios non pepeiros perderon seu emprego, sendo cubertos seus postos por militantes ou simpatizantes do partido, cando non familiares de calquera segredario xeral, así a estrtura piramidal do goberno permitiu que o centro controlase todo.

Reichführers do reich hispánicoEditar

  • José María Aznar: creador do IV Reich hispánico, deu un golpe de estado apoiado por Pedro Almodóvar e apresou ao rei Xoán Carlos I de España O Promiscuo implantando unha república presidencialista.
  • Mariano Rajoy: Serviu como ponte, escribiu a Constitución española de 2020 e cohesionou o réxime en torno ao autoritaismo e o capitalismo (de Estado)
  • Esperanza Aguirre: botou do cargo a Rajoy (enviándoo a un campo de reeducación a Extremadura) e fixo do Estado o seu cortixo, implantando unha ditadura personalista e de monopolios
  • Rosa Diez: seguiu á liderESA no poder tras varias trifulcas no Consello Supremo da Revolución Españolista, recentralizou España mediante leis de nomeamento persoalista o que levou á caída da economía e un peor reparrto das ganancias, para que ninguén emigrase e lle fixese feo nos informativos de TVE. Alzou o telón de lacón con grelos no Pirineo e alambradas eléctricas submarinas no estreito de Xibraltar, fundando a Unión de Repúblicas Socialistas Ibéricas, mudando a Constitución española e fusilando a tódolos paranetes que quedaban dos anteriores reis de Gitaña. O segredario do KGB español, Toni Cantó, lanzou a economía española a base de gulags (sobre todo ao encadear nacionalistas periféricos en País Vasco e Cataluña e facelos traballar en obras públicas).

Amigos do Reich hispánicoEditar

EconomíaEditar

A economía das colonias tráense materias primas, que se elaboran aquí e logo se venden a maior prezo ás colonias, sobre todo de Cuba e Guinea ecuatorial, así como de material altamente tecnoloxico de USA e China que logo é revendido como español nesta peninsula, iso é outra, considera que toda a península ibérica é España pero en realidade hai mais estados pero Reich hispánico os obvia e logo di que en breves conquistarás os USA porque hai moitos hispanoa alí.

Arte e culturaEditar

A administración deixou de lado a non intervención no espazo artístico e concebiu o realismo españolista, co fin de facer propaganda e manipular ás masas mediante arte que todos entendesen e a promoción de saír de discotecas (os botellóns foron prohibidos porque deixaban aos bares e discotecas sen público).

Toda a producción artística neste período consagrouse no ensalzamento dos valores da familia, a nación e en especial a raza carpetovetónica, educando ás novas xeracións con contidos antisemitas e intolerantes. Neste tema, o ministro de Propaganda Federico Jiménez Losantos xugou un importante papel doutrinario. Na arquitectura só se contrataban a arquitectos recomendados polos chupatintas do réxime e que fixeran monstros de formigón e azulexo, co finde amosar un aspecto intimidante e tentouse facer de Lisboa e Madrid unha soa cidade mediante un corredor residencial e varios pasillos industriais.