Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Protocolo IPv6

(Redirixido desde "IPv6")
Efe1.gif Este artigo contén humor informático.
Se non é un geek non comprende, prema F1 para ver o asistente de axuda ou Alt-F4 para optimizar-lo.
Exemplo de rede mundial en IPv6 co mínimo de ordenadores de IPv4 que pode soportar..

Cita1.pngQuizais quixo dicir: IPv4 2.0Cita2.png
Google sobre Protocolo IPv6

Cita1.png3ffe:6a88:85a3::7344Cita2.png
Verificador de usuarios sobre Protocolo IPv6.
Cita1.pngSempre quixo ser un IP así...Cita2.png
IPv4 sobre IPv6.

O IPv6 é a versión 6 do protocolo IP. O IPv6 ten como obxectivo substituír o patrón anterior, o IPv4, que pode substitúe-lo antes do fin do mundo en 2012. O IPv4 só soporta preto de máis de 9000 de enderezos, en canto que o IPv6 soporta 0 enderezos.

Orixinalmente esta tarefa sería dada ao seu irmán menor, o IPv5, pero por desgraza este faleceu o sétimo día vitima afogamento con leite materno da nai, dona IETF e os seus restos foron enterrados na capela do MPLS.

Índice

Motivacións para a mudanza de IPv4 para IPv6Editar

Novidades nas especificacións do IPv6Editar

O obxectivo do IPv6 é acelerar a internet que sufriu lentitudes extremas debido ao atraso estándar IPv4 sobre os servidores da sagrada Desgalipedia. Co IPv6, os galegos poderán descargar películas porno longametraxe enteiros en Full-HD con só 2 minutos nunha conexión telefónica de 28 Kbps e poderán descargar a Internet enteira con en 6 minutos e medio con unha conexión de 6 Mbps.

En 2061, terá lugar o esgotamento total dos IPv6 cando os seres humanos teñen expandido súas colonias para todos os planetas da Vía Láctea e máis 42% de Andrómeda e o total de ordenadores (cada un con un IP pois NAT é para os débiles) ten alcanzando 2128, o IPv6 será substituído polo IPv8 (IPv7 sufrira o mesmo accidente do IPv5).

O IPv8 terá un espazo de enderezo un pouquiño máis grande que o IPv6, uns 32768bits (mentres o IPv4 ten un de -31: tan mal que nin é múltiplo de 2) e poderá soportar ata 2273473837489201221289089708868756568152721352537270547258322785403425234666342211 IPs diferentes, o que os físicos estiman ser suficiente para dar 100 IPs para cada ordenador de cada planeta e estrela de cada universo e aínda sobrar metade.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Protocolo IPv6.

Outros artigosEditar

Modelo:ProtocolosIP