Segunda República Española
![]() |
Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos sobre a Historia de España da evolución da hispanidade desde a Cova de Altamira ata a tempos actuais |
![]() |
Atención, Kamarada! Este artigo é comunista, polo tanto, pode ser marxista, leninista, stalinista e come nenos. Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag |
República Española República Española | |||||
| |||||
| |||||
Lema: Plus Ultra | |||||
Himno: Himno de Riego | |||||
Capital | Madrid | ||||
Lingua | Castelán | ||||
Goberno | República | ||||
Presidente | |||||
• 1931–1936 | Niceto Alcalá-Zamora | ||||
• 1936–1939 | Manuel Azaña | ||||
Período histórico | Período de entreguerras | ||||
• Abolición da monarquía | 1931 | ||||
• Guerra civil española | 1936–1939 | ||||
Moeda | Peseta |
A IIª República Española ou dominio Rojo de España, foi unha época da Historia de España, cando os roxos tentaron sacar do atraso, corrupción e fanatismo ós españoles, grazas a Deus non o conseguiron!
Orixe da Segunda República españolaEditar
Durante séculos España estaba sendo gobernada por enviados de Deus, os reises, que con cariño e bonhomía rexían esas feraces terras ata que un contubernio xudeomarxistaleninistamasónliberaloide arrebatóullelo das mas á familia real lexítima.
Algúns frikis dixeron logo que era todo culpa de Afonso XIII e lle botaron enriba unha campaña de propaganda para poder sacar da biblioteca real toda a pornografía que era lexítimimamente do monarca.
Historia da Segunda República españolaEditar
Bienio republicano-socialista reformadora sectaristaEditar
- Artigo principal: Eleccións Xerais 1931 en España.
O contubernio liberalmarxista comezou a reformar todo o Reino de España mediante unha serie de leis diabólicas que San Ignacio de Loiola nos protexa delas, ramén!:
- Reforma agraria: querían dar terras aos xornaleiros andaluces, saltándos e o dereito divino que llelas dela á Nobreza de Espiña!
- Cuestión relixiosa: pero aquí que cona hai que reformar? Hai que REFORZAR!!!!!
- Exército: debido a que había demasiados oficiais (que cobran mais cos soldados) o exército español era moi lento e por iso perdera tódalas guerras desde a Batalla de Rocroi (na Guerra de Independencia española tivo que axudarlle a poboación civil e os exércitos de Inglaterra e Portugal).
- Reforma educativa: tentaron sublevar ás ovellas contra seus cariñosísimos pastores ecelesiásticos!
- Autonomismo: España se rompeeeeeeeeeeeeeee!!!!!
Azaña e seu amigos din que van facer unhas cantas reformas pero fanas a medio mentres siguen matando tanto ou mais anarquistas.
Bienio negro radical-cedistaEditar
Afortunadamente nas segundas eleccións xerais gañaron os fillos da luz contra os das tebras roxas, o bienio negro (polo das sotanas que protexían o espírito eterno da Patria) conseguiron que a conspiración liberaloide se viñera abaixo e poñer orde entre as hordas marxistas, que querían vendernos á URSS pero os auténticos españois non lles deixaron e vendéronnos a Hitler e Benito Mussolini (que polo menos van a misa) para levar ó pobo espiñol ó reino de Deus.
Os dereitosos tentan facer da república española unha república centralista e autoritaria, con moitos Mussolinis e Hitlers, debido a iso os opositores tentan recortarlles as ás para que non leven a España ao IV Reich Hispánico. Durante esta fase non se fixo ningunha conspiración de dereitas debido a que mandaban eles!
FrentepopularEditar
- Artigo principal: Eleccións Xerais 1936 en España.
Todo os non dereitosos gañan as eleccións e por iso lles dan un golpe de Estado. Pero debido a que nas eleccións seguintes se xuntou todos os males de España contra da España chupacirios tívose que invocar a Jihad contra dos enemigos interiores e afundir a confabulación liberalmarxistaanarquistoidepija nun mar de sangue dese que tanto lle pracen a Iavé.
Guerra civil española de 1936Editar
De 1936 a 1939 (I ano da Victoriaaaa!!) a Segunda República seguiu gobernando en territorio roxo, alí guiados polo demo provocaron outra guerra civil entre eles (comunistas contra anarquistas e do POUM). Bueno entre os de Franco tamén (falanxistas contra tradicionalistas). O goberno evacuou Madrid e marchou a Valencia dirixir o exército, grazas a Pepe Stalin que enviou técnicos e conselleiros o exército popular puido gañar algunha que outra batalla a pesares da desobediencia anarka.
No último ano ao final acabaron enfrontándose en Madri entre os comunistas e os de Casado, total que si aguantan 4 meses mais podían ser salvados pola democracias occidentais...