Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Historia da Unión Soviética

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

Índice

Revolución e Guerra Civil rusaEditar

Todo comezou porque o Tsar non quería compartir cos demais rusos ás bailarinas do Bolshoi, debido a isto e que era un moito fillo de Buda a maioría dos labregos, soldados, pastores, políticos valentes, abogados flipados e estudantes con gañas de mudar o mundo déronlle unha patada no , pero el e súa familia de chupóns consideraron que debían seguir gobernando Rusia, comezando unha guerra civil (cousas da loita de clases...) ata que alguén tivo a brillante idea de invitar ao Tsar a ir de prácticas de tiro ao branco.

De paso que tentaban gañar a guera civil Lenin e Trotsky fixéronse socialistas de dereitas, facéndose herexes do comunismo pero sen decilo, desfixeron ós soviets e demais organizacións do pobo que lles podían molestar e enchuifaron a seus amigos e compadres no PCUS e desde entón mandaron sobre o imperio ruso: Tras gañar a guerra déuxelles por transformar a todas as rusias mentres Inglaterra os tentaba estrangular económicamente e os USA lles facía terrorismo na fronteira Pacífica, pero debido a que o Imperio Ruso tiña man de obra e materias primas de sobra conseguiron sobrevivir mentres caciqueaban, o sistema marxista leninista foi aproveitado por Stalin pra ficar él coma presidente vitalicio.

Stalinismo e IIª Guerra MundialEditar

Semellaba que Stalin ía durar no cargo pero Hitler invadiu a Rusia, polo que o Paiciño tívose que deixar de fusilar rusos que non querían deixarse bigote e pelexar contra os nazis, tras varios anos de loita os rusos conseguiron liberar case toda Europa (ahá! Pensabas que foran os Estadounidenses eh?) e como Francia, Inglaterra e os USA querían que voltasen por onde viñesen sen darlles as grazas nin pagarlles os gastos (o pero foi que nunca aparecen nas películas sobre a guerra) Stalin tivo que deixar ocupadas algunhas nacións europeas mentres os gobernos occidentais tentaban destruir a Gran Nai Rusia, debido a que non tiñan moitos homes vivos repartíronse o mundo según a terra que ocupaban seus exércitos.

Stalin tivo que aumentar o control sobra seu reino, xa que os aliados tentaban riparlle o posto e convertir Rusia no Terceiro Mundo de onde sacar man de obra e materia prima, pra defenderse enviou miles de activistas polas liberdades civís por todo o mundo e así chegouse á Guerra Fría.

Guerra FríaEditar

Este conflito durou 50 anos, enfrontándose o Oriente soviético contra o Occidene capitalista, en vez de enfrontarse directamente foron por terceiros(Vietnam, Afganistán), a CCCP aínda así foi das que menos cartos e armas gastou en impor o seu dominio (véxase senón que os países dominados como Polonia os antisoviéticos eran humillados e vixiados, pero os antiamericanos de O Salvador eran asasinados e a poboación aterrorizada cos escadróns da morte..).

Fundouse o KGB, que como a garda civil, tiña varias misións de seguridade nacional mentres se industrializaba todas as rusias, se aclimatizaba Siberia, desfanatizaban Casaquistán, educaban a Xoán Paulo II, etc.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Historia da Unión Soviética.

Outros artigosEditar