Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Hellboy

Hellboy é un demo detective paranormal americano.

Índice

TraxectoriaEditar

Hellboy naceu no Inferno, seu pai foi o Demo e súa nai unha meiga descendente do Rei Artur. Debido aos feitizos de Rasputín e os nazis na Segunda Guerra Mundial entrou no noso mundo, educado por un científico tolo do exército do Imperio Gringo colleu maneiras e boa educación liberalcortés. Do exército pasou a unha axencia segreda do Ministerio de Defensa, onde tivo que convivir con varios entes e fixo amizade con humanos con poderes, aínda que demo Hellboy nunca quixo saber nada do seu Eu e sempre foi mais tirando a humano.

Nalgunha das súas aventuras tivo que facer fronte a nazis, lobishomes, meigas, vampiros, seitas ocultistas que tentan dominar o mundo, banqueiros posuídos polo punk (no future!), políticos de alma corrupta e primos de Cthulhu. Cando descbriu que tiña que señorear el mesmo o Inferno tras matar a seu pai de forma hipnótica e chegar ao mais alto na Orde da Mosca.

PersonalidadeEditar

Polo demais Hellboy é normaliño, leva sempre consigo unha riñoneira con drogas, armas (granadas antimonstro), reliquias sagradas, ferraduras máxicas e o trabuco de Curro Jiménez.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar