Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Hamlet

Cita1.pngUnha noite na eira de Elsinor...Cita2.png
Curros Enríquez escribindo Hamlet.

Hamlet é unha obra de teatro que acaba mal (TOMA SPOILER!!) escrita por William Shakespeare que transcorre en Dinamarca, un estado podre de Europa continetal occidental cristiá.

ArgumentoEditar

  Aviso de Spoilers! Atención: Esta sección/ou artigo pode revelar detalles da trama e/ou
do argumento, de xeito que Xesús Cristo morre, pero volve á vida o terceiro día.
Agora que eu dixe, pode continuar lendo...

En Dinamarca reina Claudio (non, non é do "Eu Claudio") casado coa muller do seu irmán, que morreu fai pouco, a voda celébrase ao pouco de morrer o anterior rei por iso de manter o statu quo estadista e todos contentos... todos?. NON!! O príncipe Hamlet, fillo do anterior monarca, está triste e rabioso porque a súa nai non gardou luto polo seu amado pai! Ignominia! Luxuriosos!!!

Hamlet entra nun estado depresivo, e iso que vive ben, un día vano visitar uns centinelas e dinlle que viron a pantasma do seu pai na explanda diante do pazo real. O príncipe vai alí de noite e ve como aparece unha armadura camiñando, Hamlet pensa que é o típico pantasma de castelo escocés e manda un crego preguntarlle se necesita misas, enterramento ou que acaben o que estaba facendo en vida ou unha pregrinación a Santo Andrés de Teixido pero a pantasma corta en dous ao cura e Hamlet achégase a ver de cerca xa que iso de cortar en dous xente era moi de seu pai... e sí! A pantasma é seu pai, éste indícalle que o siga e xuntos van a un monte encantado onde está o Santo grial que Águila roja tenta atopar para impedir a decadencia do Imperio Español que... ai non! Iso é de outra serie!

O caso é que a pantasma lle dí que é seu pai, o rei Hamlet I, e que morreu asasinado polo seu irmán, Claudio I de Dinamarca, e que desexa... VINGANZA MUAHAHAHAHAH!!! e desaparece. O príncipe Hamlet queda pampo, non sabía que tirando zumo de beleño polo oído de alguén se podía matar a outra persoa e menos que seu tío matara a seu propio irmán para acceder ao trono, maldita sexa! Isto semella Game of Thrones!!! Mentres isto sucede o primeiro ministro, Polonio, bótalle a bronca á súa filla, Ofelia, e ordéalle que deixe de ligar con Hamlet polo ben do Estado xa que Dinamarca está en guerra con Noruega.

Os reis de Dinamarca están preocupados, por un lado a guerra defensiva contra Noruega e por outro lado o príncipe que semella algo depresivo, asi que envían dous coleguis de Hamlet a espialo, pero Hamlet pasa deles, e segue dubidando do que lle dixo a pantasma de seu pai... ou non era a pantasma de seu pai...? E si era o demo disfrazado para condear a súa alma? Hamlet descobre que un equipo de rodaxe dunha película pasa por alí e pídelles que roden unha esceas no palacio real, ao que acceden encantados. Hamlet cámbialles o guión e así o culebrón acaba en asasinato de Carlos Emilio José, o galán da serie Verano azul. O rei ao ver que esa escea é igualiña a outra que fixo el fuxe do lugar a chamar á SGAE pra denuncialos pero Hamlet interpreta iso como que é culpable e si matou a seu pai.

Asi que vai a falar coa súa nai sen saber que Polonio 112 está espiándoos pero Hamlet descóbreo e mátao, a raíña teme por el e decide envialo a Inglaterra, mentres, non se sabe moi ben porqué Ofelia vira tola e suicídase, cando chega o irmán deste quere vinganza e o rei Claudio dálla, deberá invitar a Hamlet a un duelo con sable láser mentres Hamlet tenta facerse o tolo para que Ofelia pense que non é gay pero ao ver que está morta vira tolo asi que mata a todo o mundo e Dinamarca cae nas mans do rei de Noruega.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Hamlet.

Outros artigosEditar