Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Guerra de Restauración Portuguesa

Guerra de Restauración Portuguesa
GuerraRestauracion.jpg
Data 1 de decembro de 164013 de febreiro de 1668
Lugar Península Ibérica ondé máis?
Resultado Independencia de Portugal.

A Guerra da restauración foi un episodio de amor fraternal entre o goberno de Filipe II e varios portugueses que querían mandar sobre Portugal e durou 28 anos.

Índice

ContextoEditar

En 1580 Portugal está gobernado por un comité mentres non se poñen de acordo para non escoller aun nobre que sexa rei deles, Felipe II envía varios axentes provocadores para facerse co trono, un deles convence a un irmanastro do anterior rei pra que se coroe e provocar así unha intervención armada do rei de España argumentando que él tamén tiña dereito... e que carallo! era mais chulo e con mais ouro.

Así durante 40 anos os reis de España mandaron sobre Portugal, en en vez de poñer a capital en Lisboa para controlar o inmenso imperio marítimo español e portugués, seguiron mandando desde Madrid e isto ocasionaba que os caciques de Madrid mandaban mais en Portugal que os caciques portugueses, asi que finalmene éstes cansaron de estar baixo o doiminio dos extranseiros e erguéronse en armas.

A Guerra de independencia portuguesaEditar

Primeiros golpesEditar

España gobernaba Portugal como se fose unha colonia, un escravo, roubándolles impostos e soldados pra defenderen as fincas europeas dos reis españois asi que houbo varias manifestacións que remataron en quiema de herexes pola Inquisición española, prisións preventivas pala simpatizantes independentistas con torturas e propaganda nos medios de comunicación de entonces (púlpitos de igrexas).

Felipe IV de España e seus españolistas comezan a ter problemas en casa, Cataluña álzase en ramas contra deles e pra matar dous paxaros dun tiro esixe ao reino portugués mais cartos e que envíe varias divisións de fadistas e touros de lidia a Catalunya pra esmagar a revolta independentista e así de paso debilita a Portugal ó sacarlle soldados e ouro mentres chama á elite social portuguesa pra que vaia visitalo a Aragón e así telos suxeitos alí.

 
Tramontinos matando un portugués españolista.

Mentres nas cociñas comezaa fraguarse a independencia cando varios cociñeiros de fidalgos e casas nobres se reúnen en segredo e planean un festín envelenado pro exército ocupante español e gracias á babas familiares derrótanos e comeza a guerra tirando por un balcón ó virrei dos españois, un nobre portugués españolista mentres na rúa o pobo alzado en armas dá vivas mentres a viraíña fuxe disfrazada de monxa cara súa querida Madrid (onde lle deron un postiño en TVE).

As tropas de cociñeiros foron enviados deseguida á fronte oeste, fortificando e tomando posicións na raia mais permeable, a de Extremadura.

Segundas batallasEditar

Os exércitos españolistas e portugués comezaron a dar golpes e contragolpes nos desertos extremeños e de Alémdouro. No norte varios panadeiros comezaron a fornear bagueetes e balas pra inexistente artillería, ao mesmo tempo que as garnicións de Tui e Monterrei (Verín) facían amagos de invasións e pasaban o tempo a cometer roubos de gando ao outro lado da fronteira e os portugueses a facer o mesmo, pasandoa raia e roubando tras queimar aldeas e vilas e sobre todo as cociñas.

Tras varias ofensivas e súas contraofensivas, seguidas de entradas por unha parte e outras os portugueses invadiron o baixo Miño ata as cercanías de Vigo, tomando o castelo de Goián mentres mantiñan Salvaterra de Miño nas súas gadoupas sen guantes de forno, ata que finalmente as tiveron que deixar cando o exército galego invadiu Portugal tomando Monção e fortificando terras enfronte da raia húmida.

Finalmente os portugueses tiveron que deixar as súas follas de bacallao na raia e fuxir ao outro lado e firmouse un tratado polo que España non enviaría a Ferrán Adriá e seu exército deconstructivo e Portugal deixaría de atacar vilas e aldeas fronteirizas e de bombardear á xente con bacallau envolto en toallas.