Guerra fría
![]() |
Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais |
![]() |
Atención, Kamarada! Este artigo é comunista, polo tanto, pode ser marxista, leninista, stalinista e come nenos. Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag |


A Guerra fría foi un conflito semibélico que se deu na segunda metade do século XX que somos obrigados a estudar na ESO sobre dous bloques antagónicos ideoloxicamente nunha guerra sen conflito directo pero con conflitos indirectos no que os dous bandos prestaban axuda ós diferentes continxentes, e con guerras de influencia e económicas. Durou do 1948 co Golpe de Praga ata 1991 coa disolución da Unión Soviética e non entre o hemisferio Boreal e o hemisferio Austral (hai xente que pensa que a Guerra fría foi entre os Polo Norte e Polo Sur pero de ser así sería Guerra Conxelada).
HistoriaEditar
OrixesEditar
Trala derrota do fascismo, Europa atopábase semidestruída e cunha forte presenza militar, no oeste, exércitos de democracias occidentais, e no leste o Exército Vermello da comunista Unión Soviética. Nestes últimos países, a URSS comezou a apoia-los partidos comunistas, que pronto acadaron o poder e así comezaban a nace-las democracias populares. Pola súa parte, o presidente Harry S. Truman pronunciaba a chamada doutrina Truman, defendendo que os Estados Unidos axudarían a calquera país que fixera fronte á "ameaza comunista". Baixo esta doutrina amparáronse numerosos réximes ditatoriais ó longo das seguintes décadas, como Franco.
Todo viu cando o Imperio Británico e o Imperio Francés quixeron foder ao Imperio Ruso en varios puntos do planeta Terra e o Pope Stalin decidiu amosar o seu poderío, polo que Occidente colleu medo e decidiu invadir o resto do planeta iniciando unha escalada de tensión, pero grazas ás películas postapocalípticas nunca se produxo a Terceira Guerra Mundial durante a Guerra Fría, e si se produxo non foi como as outras guerras mundiais anteriores e somos parvos por aceptar o que nos dí o History Channel.
Proceso da Guerra fríaEditar
Todo comezou nunha aldea do Courel, cando os rusos trouxeron a primeira nevera, isto chocaba contra as tradicións de usar as neveiras prehistóricas do lugar (pozas á sombra onde acumulaban neve) debido a que esas pozas neveiras eran dominadas polos capitalistas que comezaron unha propaganda contra das neveiras maquinais, isto saltou á política internacional xa que moitas neveiras viñan de Alemaña Oriental e iso non lles gustou aos espías e comezou unha guerra segreda entre as diversas axencias, sendo as principais a CIA e o KGB que comezaron a dominar o mundo e foder ao rival en tódalas partes do globo.
Primeiro foi en Europa, logo cada hemisferio comezou a servirse dun imperialismo encuberto para lograr negocios, sobre todo nos países descolonizados.
Caída do Bloque Comunista (1989-1991)Editar
As consecuencias deste período foron:
- Desintegración da Unión Soviética en centos de países: Rusia, Ucraína, Estonia, Letonia, Lituania, Casaquistán, Españistán, Bielorrusia, Armenia, Xeorxia, Kirguistán, Moldavia, Taxiquistán, Uzbequistán, Turkmenistán, Abkhazia, Osetia do Sur, Transnistria, Nagorno-Karabakh
- Ditaduras apoiadas por ambos hemisferios mediante métodos paranormais.
- Progreso da tecnoloxía a niveis nunca vistos.
- Cambio climático, o frío desapareceu debido á derrota do hemisferio mais frío.
- Surximento de Al Qaida, ISIS, Hoko Boram, talibáns e demais xihadistas creados pola CIA na Guerra Civil de Afganistán.
- Novas formas culturais, como o Botellón e a movida.
BandosEditar
- OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte): Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Francia, Alemaña do Oeste, Xapón, Australia e outros amigotes, fundamentalmente países de economía capitalista e na órbita dos EUA.
- Pacto de Varsovia: Unión Soviética, Polonia, Bulgaria, Checoslovaquia, Cuba e outros. Fundamentalmente países centroeuropeos e da Europa Oriental, así como repúblicas africanas e do sueste asiático. Países de economía centralizada e partido único.