Guanches
![]() |
Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais |
Os Guanches foron os antigos poboadores das Illas Canarias.
HistoriaEditar
Os guanches eran intraterrestres (coma os mouros) que saíron á superficie a través do Teide, colonizaron todas as illas e anexos, como a illa vagamunda de San Brandán. Os guanches expandiron o seu imperio cara Atlántida onde puxeron toda a industria, causando un cambio climático e que ésta desparecese no Atlántico, debido a que tiñan toda a industria e tecnoloxía na Atlántida e nas Canarias só as residencias de ocio quedaron sen cerebros e I+D, polo que cando chegaron aquí os Fenicios só atoparon un pobo primitivo e nada mais. Logo pasou por aquí a expedición do Exipto de Nekao, que lles deixou o costume de erguer pirámides e facer momias, e logo a expedición dos fillos de Breogán que lle deixaron o costume do churrasco.
A finais da Idade Media os godos chegaron aquí e mataron a todo o mundo para ter sitio para construír torres monumentais onde meter turistas que fuxían dos ríxidos costumes de Castela ou dos vagos de Gitaña.