Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Goran Bregović

Goran Bregovic compoñendo música do mundo.

Músico balcánico.

Vida e trompetas xitanescasEditar

Goran nasceu en Sraxevo(Bosnia-Herzegovina, anteriormente coñecida como Iugoslavia) ao mesmo tempo que o rock no seo dunha familia iugoslava total(xa que o pai era croata e a nai serbia, e xa se sabe que serbios e croatas eran veciños mal levados) esta unión sempre lle gustou a Goran polo que segue considerando iugoslavo sempre que lle preguntan se é serbio ou croata pra ver se os serbios non o mandan a un campo de concentración.

Os pais o metron a estudar no conservatorio de Partovia, onde recibiu clases de Anton Nanut e Josef Suk, onde quedou deles ata os collóns e así formou a súa banda de rock , a banda Bijelo Dugme, de corte psicodélico en plenos anos 70 na Iugoslavia o que lle permitía estar posto de LSD no escenario, que incluso lle gustou a Josip Broz Tito(o presidente vitalicio que gobernaba a república socialista e facía que os eslavos dela non se pelexasen entre sí), co cal estivo entre o 73 ata 1989.

En 1989 disólvese o grupo de rock, mais chegan os 90 e o gusto pola música folk e a World Music(Músicas do Mundo) fai que Goran se vire cara a música tradicional xa que lle permite aparacer todo peneque pola rúa, fixándose na música dos xitanos eslavos e contactando coas bandas de bodas e funerais, grupos musicais de música tradicional con instrumentos de vento e metal(trompetas, trombóns,etc) cos que comeza a grabar e así consegue fama mundial en pleno auxe da World Music e por compoñer bandas sonoras pro director de cine Emir Kusturica, dándose a coñecer en círculos culturetas centroeuropeos(Francia, Alemaña) saltando ó resto de países, sobre todo a través de emisoras de radio como radio 3 de España. Así en 1990 publica seu disco "Pljuni i zapjevaj moja Jugoslavijo"(Tempo de xitanos e Kuduz).

Este punto de inflexión dao a coñecer por todo o mundo, facendo xiras e contactanco con outros músics doutros estilos ,como Iggy Pop, co cal colabora en varias cancións. Esta carreira folcórica dúralle 20 anos, sendo seu último traballo até o momento "Champagne for gypsies".