Galploitation
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |
Galploitation é un subxénero do cine de explotación caracterizado pola presentación de argumentos e contextos relacionados con Galicia.
CarcaterísticasEditar
Presenta violencia explícita, gore, decadentismo, ocultismo e demais características do volkeist galego. Presenta un énfase morboso en espazos cerrados (pazos, cotos de penedos, igrexas barrocas de aldeas abandonadas) onde amosa de forma sensacionalista e esaxerada temas propios do solar galego: despoboación do rural, avenllentamento da poboación, o mundo máxico das fragas, conservadurismo, Galicia profunda, destrución por parte do Estado da súa economía, os vínculos coa natureza, etc.
Por outra banda enfoca temas tabú: corrupción de menores, conductas lascivas, entroidos caníbales, compra de votos, e os magnifica e mesmo os contrapón a outras sociedades (presentando un persoaxe guiri que é víctima dos lugareños). Algúns chegaron a ser censurados pola TVG (cando no contrato de axuda decía que serían divulgados por ela debido á subvención recibidaa través da consellería de cultura) e por presións de faccións pepeiras neocon e mesmo sociatas marxistoides morais.
Filmes de temática galploitationEditar
- Alalá (os netos dos celtas) de 1933.
- O monte do lobo (1971) de Pedro Olea.
- Divinas palabras (1987).
- O bosque animado (1987).
- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993).
- Mamasunción.
- Dagon, a secta do mar: A Imboca chegan uns guiris por accidente e descobren que era seu destino chegar ahí...
- Pradolongo.
- A consulta do Dr. Natalio.
- Romasanta, a caza da besta: a historia do lobishome de Allariz, cunha picantona prota!
- ¡Maldito Bastardo!.
- A noiva de medianoite (1997)
- Baixo augas tranquilas, Brian Yuzna: o aml apodérase dunha aldea que logo é asulagada por Franco pero durante o goberno de José María Aznar o mal abrolla de novo...
- Sei quen es (2001).
- Trece Badaladas (2003).
- O tempo do lobo (2003) de Haneke.
- A vida que che espera (2004).
- Somne (2004).
- Mais que irmáns (2005): trata o tema do incesto!
- Lobos de Arga: uns desgaleguizados voltan á aldea orixe da súa liñaxe e descobren que pertencen a unha familia maldita...
- Concursante (2007).
- Santiago de sangre.
- Retornos (2010).
- O apóstolo (2012).