Abrir o menú principal

Desgalipedia β


República machota de Gayles
Bandeira de Gales
Escudo de Gales
BandeiraEscudo
Nacións celtas.png
Lema: Pro celtas nós!
Capital
 Poboación
Cardiff
Cidade máis poboada Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch
Linguas oficiais Ningunha, moi embra falan unha mestura de Gaylés e inglés1 .
Forma de goberno República
 • Total n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
Moeda Libra asquerosiña
Fuso horario Non ten
 • Horario de verán Non ten
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico +Non ten
Prefixo radiofónico Non ten
Código ISO n/d
1 Vexa o nome da cidade principal arriba e tire as súas conclusións.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: GalescolaCita2.png
Google sobre Gales

Cita1.pngTés que encher a boca de flema se queres pronunciar o nome dun sitio en galés!Cita2.png
Blackadder sobre Gales

Gales é un próspero e rico país da Gran Bretaña, pode compara-lo como se fose a tía gorda e rica das outras nacións do Reino Unido. A pesar do diñeiro é totalmente descoñecido e é confundido coa Inglaterra case que naturalmente.

O país é coñecido tamén por Cymru, pero non se incomoda se pronunciar ese nome incorrecto. Durante moito tempo foi residencia dos celtas e de bárbaros máis ou menos civilizados, que conquistaron todo o norte e fundaron o Reino Unido. Durante moito tempo Gales foi o centro de atención no norte, pero despois de que Inglaterra fundou Londres e inventou o fútbol, o país caeu no ostracismo.

Índice

HistoriaEditar

ColonizaciónEditar

País fundado por un neto de Ith e bisneto de Breogán no s. V A. de C. tras desaloxar ás últimas tropas coloniais dos megaliteiros, así na Idade do Bronce extendeuse un imperio familiar de Breogán entre Irlanda-Gales-Bretaña-Galicia; mais debido a tensións internas, a dinámica histórica, a corrupción do sistema e a inxerencia de potencias extranseiras foise todo ó carallo e ninguén deixou escrito nada sobre esta época.

Cando o Imperio Romano chegou alí, atopouse cunhas tribos celtas ás que tiveron que destruir debido a que non querían traballar gratis pros romanos, así durante 300 anos os romanos montaron alí centos de campamentos e enviaron lexións tras lexións (nunha delas ía a deusa Coventina pra ver mundo). Ao final chegaron a un acordo e os romanos deixáronlle as súas coleccións de hentai a cambio de extraer ouro das minas.

MedievoEditar

Durante a Idade Media os galeromanos tiveron que organizarse eles soiños e montaron varias repúblicas de homes libres e autárquicos que comezaron a ler obras de nacionalismo e montaron o seu propio reino, mais este durou pouco porque os saxóns e franceses invadíronos a lombos de dragóns importados de Galicia (criados por Xelmírez) no séc XII e desde entón foron colonizados polos ingleses.

AnexiónEditar

 
Os galeses como son.

Xa na Revolución Industrial o Imperio Británico comezou a explotar a eito a Gales, destripando as súas montañas pra sacar carbón e facendo de Cardiff, a capital, o porto enerxético mais importante de Gran Bretaña, ata que as Guerras Civís Europeas (Iª e IIª guerras Mundiais) fixeron que o carbón quedase desbotado como enerxía do futuro. Os emigrantes ingleses que viñeran a trebellar na industria do carbón marcharon pra Birminghan a fabricar coches e media Gales ficou deserta a pesares de que o vinculeiro da familia real inglesa teña como principado a Gales.

XeografíaEditar

LinguasEditar

Artigo principal: Lingua galesa.

O galés, lingua local é mestura de celta, con inglés, con sueco, con alemán, fai da lingua galesa a cousa máis rara do mundo. O resultado de todo isto é un dialecto asustado. As palabras galesas son xigantes e expresan vontades mínimas. É en Gales que está a cidade de nome máis esdrúxulo que se poida imaxinar, a Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.

A sentenza a continuación se traducida ao galego, significa SOCORRO:

  Yddraig Gochddyrycychwyntasleitynsyrjeyayns Bretinayns Gwynedd, asgoaillstiagh Snowdon, ynsleitsyrjeyayns Bretinas Sostyn dy. She Cheer Celtiagh t'ayn, gollrish.  

Galeses famosos ou nonEditar

NotasEditar


Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Gales.

Outros artigosEditar

Modelo:Países celtas