Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Galaicoromano

Vexilloid of the Roman Empire.png ROMANI ITE DOMVM!!!
HÆC ARTICVLVS ROMANVM EST. LATIM LOQVÆBITVR.
NON INTERLEGIT? HVMORIS CALLAECIVS NON EST. MVITISSIMVS GRACIOSVS!!!
SED PENIS MEAM VADE MAMARE! VADE FŒDERE CVM PORRIBVS NOSTRVM.

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Os galaicoromanos foron unha mestura entre Romanos e Galaicos. Este pobo xurdiu trala conquista do Imperio Romano de Galicia a partires do século I D. de C. cando se romanizou esta zona do Noroeste da Península ibérica.

Soldados galaicos nas lexións romanasEditar

Durante a conquista actuaron nesta zona as Lexións VI Victrix e X Gemina, coas súas tropas auxiliares (alas de cabalería e cohortes de infantería) e destacamentos dislocados. No ano 68 Despois de Cristo Galba rebelouse contra Nerón e funda a lexión VII Gemina que dez anos despois aparece en León, España.

Ademais deste corpo lexionario central dispuxéronse outras seccións, como a Ala II Flavia Hispanorum (no campamento romano de Pentavonium en Zamora) a Cohors I Gallica (quizais en Bande), a Cohors I Celtiberorum (en Cidadela, Sobrado dos Monxes), da Cohors III Lucensium dentro de Lugo ,na zona astur oriental outra unidade auxiliar de "astures e lugones".

Moitos soldados galegos foron ás lexións romanas estacionadas nas fronteiras do Imperio:

  • Cohorte I Pía Fiel de Lucenses Hispanos, estacionada cerca de Bélxica.
  • Cohorte I de lucenses de cabalería cerca de Hungría e Iugoslavia.
  • Cohorte II de lucenses na Bulgaria actual.
  • Cohorte III de lucenses en Gallaecia.
  • Cohorte IV de galaicos lucenses, en Hungría e Siria.
  • Cohorte V de galaicos lucenses, na Moesia superior.
  • Cohorte I de bracaraugustanos, en Marrocos,Moesia inferior, Romanía e Inglaterra.
  • Cohorte II de bracaraugustanos de cabalería en Moesia inferior, Tracia e Alxeria.
  • Cohorte III de bracaraugustanos cabalería en Inglaterra, Suíza, Tunisia e Raetia.
  • Cohorte IV de bracaraugustanos en Siria.
  • Cohorte V de bracaraugustanos en Alemaña e Raetia.
  • Ala dos Gigurros, no val do Támega.
  • Ala dos Lemavos, en Marrocos e Andalucía oriental.
  • Cohorte de cidadáns romanos Lemavos, en Marrocos noriental.
  • Cohorte I de Astures e Galaicos , en Alemaña,Marrocos leste e na costa do Adriático.
  • Cohorte II de astures e galaicos de cabalería, en Romanía.
  • Cohortes de astures e luggones, outra de astures e galaicos, 5 alas e 6 cohortes de astures e outras 3 de Bracaraugustanos, todas mal documentadas.

Coñecemos algúns oficiais destas unidades militares:

  • Marco Annio Veriano e Marco Annio Vero (pai e fillo en Lugo).
  • Carisio Rufo, en Lugo.
  • Caio Mario Máximo (na Limia).
  • Lucio Cassio Caeno (no val do Támega).
  • Publio Xulio Pintamo (atopado un epígrafe na Baviera alemaña).
  • Lucio Pompeio Reburro.
  • Marco Silonio Silano, en Rairiz de Veiga.

E dos soldados:

Véxase taménEditar