Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Os Góticos foron unha tribo urbana de pobos xermánicos que estiveron a punto de destruir o Imperio Romano a base de mal gusto e maquillaxe necrófilo.

Índice

OrixeEditar

A tribo dos góticos foi descrita por vez primeira no libro "Germaniae bela" de Plinio o vello:

Os góticos son unha subtribo dos pobos xermánicos, saíron de Gothland debido a que foron empuxados polos hunos (que eran mais machotes ca eles) emigrando cara Inglaterra onde a raíña Victoria os usou como mercenarios do poder brando enviándoos á India onde conquistaron os reinos do Majarahás a base de asustalos cos seus peinados ultralacados e roupas escuras; tamén axudaron a liberar Grecia do Imperio Otomano (pero non por amor á liberdade senón por debilitar á súa competencia), outros tentaron ir liberar América do Imperio Español conseguindo só violar unhas cantas crioulas de Chile (pro eso alí teñen partido nazi propio aínda que si veñen por Europa mallarían neles). Cando regresaron a Britannia dividíronse entre góticos monárquiscos, Emos e posers.

Tipos de góticosEditar

  • Übergótico: a aristocracia dos góticos, viven en fragas, aldeas abandonadas, ir de botellón a cemiterios, soen ir acompañados de lolitas góticas en mandas.
  • Góticos paganos: fans de Wotan van a todas partes con espadas e hachas, adoran o tipo vikingo, algúns tentan resucitar o Reino Suevo e por iso hai tantos ingleses que veñen alquilar casas a Galicia...
  • Góticos vampirizados: beben sangue da súa moza (por iso non foden entre eles, porque son non mortos), só saen de casas en Halloween.
  • Góticos victorianos: teñen alerxia ao sexo porque son fans do victorianismo, por iso visten enaguas e faldas enormes, os homes victorianos soen poñerse un piercing no pene para suxeitalo á cintura e non se delaten as ereccións.
  • Góticos vintage: van sen maquillaxe e visten coas roupas de cando enviuvou a súa avoa (blusas negras con debuxos hippies dark).
  • Góticos albinos: non son albinos, son asiáticos que visten de góticos pero sustituindo o negro polo branco, tampouco foden.
  • Gótico tradicional: seguen as leis de Edgar Allan Poe e adoran a H. P. Lovecraft, soen traballar en matadeiros, van vestidos coma se fosen membros da familia Adams.
  • Kindergóticos: son nenos mortos nas taigas góticas, van voando en mandas de morcegos alí onde se escoitan sons industriais e soen abalanzarase a chuchar sangue en canto ven unha muller con corsé.
  • Negros, ou blackies: estos soen ser confundidos con seminaristas ou posers sen ganas de gastar diñeiro en maquillaxe e roupa ultracara.
  • Invisigóticos: teu fillo podería ser un deles e ti nin te darías conta, soen ser a vangarda do exército gótico facendo de espías/exploradores enviados á matanza contra os malotes nas guerras convencionais, onde tentan conencer a mais persoas apra pasrase ás súas filas. Soen ir por bares de vellos, igrexas, funerais, clínicas psicoterapeutras, etc.
  • Góticos matrix: van con abrigos longos, algús pertencen á Gestapo e van con gabardinas de coiro negro.
  • Cibergóticos: cando os góticos clásicos se meten a facer operacións de cirurxía menor para que lle saia pelo plastometálico para facer rastas, ollos metálicos, etc
  • Góticos BDSM: estos pervertidos soen disfrazarse de góticos para ver si a sociedade do mainstream (os vainillas) os aceptan.
  • Rapazas góticas: rebeldes e inconformistas seus pais ven aterrados como caen nas redes da seita necrófila e como se gastan a paga semanal en parecerse a unha dominatrix.

Fisioloxía da razaEditar

Os góticos son persoas con gustos peculiares:

  • Comen arañas, morcegos...excepto se son veganos, que comen só teas de araña.
  • Visten de escuro, nunha ampla gama de negro, grises, azuis...
  • En vez de ir a discotecas van a cemiteiros, ruínas arqueolóxicas...
  • Escoitan a grupos como The Cure, Bauhaus,Checka, Siniestro Total...
  • Gostar de costumes poéticos ingleses da época do victorianismo.
  • Son heggelianos de dereitas pero votan polo PSOE porque éste non vai facer autos de Fe con góticos nas prazas de touros.

A muller góticaEditar

 
Góstalles estar entre toxos e flores.

Na cultura dos góticos a muler ten un rol decorativo, variando dese o rol boneca ata o dominatrix con cortes de pelo desde o Vampirella ata siouxie. Soen ter medo a outras cores que non sexan o negro e visten como as nosas tataratataratataratataravoas... pero coa roupa interior superior por fóra (si, o corsé é roupa interior, non se leva á vista) igual que os rapeiros dos 90 ían cos calzoncillos por riba dos pantalóns.

Algunhas chegan a ocupar altos postos de responsabiliade, pero sempre nunha posición subalterna con roles como hada diáfana, unha ofelia débil... e cando son algo mais poderosas convírtense en vampiras lesbianas xa que unha gothic girl non pode estar sobre un gótico e cando o esta é porque o gótico quere e a ten como fantasía de dominatrix. As rapazas góticas subdivídense en:

  • Hildegoths: visten como secretarias das SS.
  • Brunnegoth: soen vivir en pozos e saír pola noite chuchar sangue de fornidas labregas.
  • Ghettogoths: rapeiras que visten de nrgo.
  • Góticas louras: a moza aria de Batman.

Desgalería de GóticosEditar

Véxase taménEditar