Fuso horario


As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide arbitrariamente a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente no sacrificio de virxes en Stonehenge, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países debido á lóxica, a realidade e o sentido común ou por ridículas cuestións políticas como a China, que podería cubrir algo así como 18 ⅞ zonas horarias, pero obriga a todo o país a usar o tempo de reloxo de Mao Tse-tung distorsións evidentes no oeste de China, onde cando non é o inverno o sol sobe ás tres da mañá.
Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres cando esta desgraciada cidade na desgraciada illa non está en horario de verán de Londres (do 7 de xullo ao 9 de xullo) onde se localiza o desgraciado meridiano de Sandwich, que divide a zona horaria e unha torrada de mortadela.
Lista de fusos horarios e áreas cubertasEditar
Esta lista é taaaan longa que ler é aburrido e sonolento. Non siga en expansión! |
Os países marcados con *seguen horario de verán: adiantan os reloxos nunha hora durante o verán.