Furancho

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Loureiro (homónimos).
Reclamo dun loureiro en Dena, Meaño. Eles nin imaxinan o que poden atopar por aí MWAHAHAHAHAHA!!!!

Un Furancho é un bar enxebre galego. Os furanchos nacen no extradio das sociedades como alternativa aos bares e pubetos, trátase de baixos de casas onde o dono se pon a servir bebidas alcólicas, aínda que nos últimos anos tamén algo de comida, pol que o crime é doble, non pasan a lei de sanidade nin avisan a Facenda pero por Sauron! É nos igual MUAHAHAHAHAHAHAHAH!!!

HistoriasEditar

Os Furanchos datan da fantástica Antigüidade cando en calquera punto do camiño calquera ser vivo con capacidade para producir alcol e servilo podía porse a un lado do camiño e servir alcohol sen ter que darlle explicacións a ningún rei, esta época de felicidade onde elfos e mouros vivían en paz cos humanos e estes non daban polo cu ao resto de seres vivos foi mudando debido a complexas derivacións polñitica do dereito consetudinario e o surxir do Estado.

 
E foi así que terminou aquela pelexa pola mañá...

Todo comezou nunha neboenta noite de lúa chea na que o paladín escuro de Castro de Rei comezou a montar gresca no furancho de Gondomil. O hostaleiro mais simpático pero tirillas de toda Narnia, montouse unha grande pelexa entre o paladín escuro, (algúns dixeron despois que era Darth Gayder e non o dito paladín) e varios mercenarios do Imperio Freezeriano. O resultado foi tres brazos rotos, dúas cabezas disecadas e un can con asma e o paladín escuro fuxiu deixando atrás súa un rastro de sangue mais escuro co Prestige. Este rastro perdíase dentro das penas de Pena Corneira.

Os amigos de Gondomil foron deica alí a protestar e saíulle Dona Urraca, a cal os apresou e ditou un decreto lei 1999/666 polo cal ningún establecemento de bebidas espirituosas podía abrir sen licencia real 00-123/456 debido a que podía ocasionar graves problemas de saúde e debido a que o goberno anterior da mesma raíña privatizara o servizo público de saúde non podía enviar inspectores sanitarios sen un custo horrible asi que ninguén podía a partires de xa servir alcol fóra da posada real. Este decreto acabou producindo a Guerra do Alcohol entre as razas míticas galegas e ningún mercebinario foi capaz de lograr que os cancadrilos probasen siquera o licor urraqueño.

 
Todo coidado é pouco para non ser prendido por esas cachondas! E quen non quere?

Debido a que incluso a poboación non podía ir a beber debido aos prezos abusivos á posada real o hostaleiro Gondomil xunto a seu amante Nemeto comezaron a fabricar alcol seguindo os consellos dun aguardinteiro clandestino que nunca pillara a Garda civil e grazas a el houbo outra vez alcol para todos no Reino de Galicia, o exemplo destes valentes foi seguido en tódalas bisbarras do reino e así foi este conto.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Furancho.

Outros artigosEditar