Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Frumario

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Frumario.
Frumario.jpg
Información
Nacemento Descoñecida
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 570.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Que os visigodos non destrúan o reino suevo de Galicia.
Frumario coa súa muller Roswinthä.

Frumario foi rei do sur suevo durante a guerra dos tres reis(Guerra civil sueva) dominando o sur do reino suevo durante tres anos mentres guerreaba contra Requimundo(señor do Norte suevo) e Remismundo.

Índice

Vida e reinadoEditar

Frumario naceu en Rendufinho(Braga, Galicia do Sur) no 420, no seo dunha familia de possesores xermánicos que eran terratenentes da zona, como eran donos na sombra do PSD(Partido Socialdemócrata de Portugal) tiñan moitos contactos e o mandaron estudar ó extranseiro, ás universidades prestixiosas do momento, de Constantinopla(agora Istambul,Turquía) e Neustria(Francia) onde estudou Dereito e Enxeñería militar.

Á súa volta foi destinado a Astorga, onde fixo reparar tramos da muralla romana e construir un foso con cancadrilos no fondo acuático, estando na Maragatería refacenco calzadas romanas foi dos primeiros en recibir espías que o avisaron da conspiración romano-visigoda que tentaba destruir o reino suevo cun exército que viña en camiño, correu ó alto do Monte Torca onde comezou a reunir as tropas privadas sos possesores xermánicos e daba a alarma ás outras garnicións galaicosuevas do Bierzo e do Teleno. cando a Batalla do Río Órbigo foi ferido de gravidade en Arrotos de Arriba retirándose a Prado de Paradiñas onde tiña unha moza.

Alí recuperouse rápidamente tras varias sesións de sexoterapia coa moza, mentres os Visigordos poñían no trono a Aguiúlfo tras matar a Requiario. Frumario chegou de incógnito a Feces de Abaixo(Verín) e onde soubo da conspiración contra Aguiúlfo, participando nela pra liberarse de Aguiúlfo e poñer no trono a Frantán, a quen coñeceu en Vilar de Perdizes mentres comían corzo á feira. Tras varias batallas indecisas contra Aguiúlfo Frantán só obtivo o control da parte Norte do Reino Suevo, pero frumario non estaba dacordo con só controlar o Norte, asi que uniuse a un grupúsculo de elite que quería seguir mantendo a unidade do reino e baixaron ata Braga matando a Aguiúlfo una noite de lúa clara na eira do trigo mentres estaba de botellón e así colocaron a Maldras no trono suevo, con tan boa sorte que reunificou ó reino ó día seguinte porque morrera Frantán no Norte e así voltouse ter un só rei no reino suevo.

Pero trala reconquista moitos dos terratenentes suevos perderan cartos a eito e pra recuperalos subiron os impostos, o IVE e recortaron en refacer infraestruturas, iso fixo que o reinado de Maldras durase dous anos, sendo asasinado polo servizo segredo suevo pra poñer a seu fillo mozo Remismundo no poder, xa que era mais manipulable ó ser mais novo. Pero non contaran con Frumario que tentou parar á facción feixista que matara a Maldras e xunto a vraios intrépidos nobres galaicosuevos e o seu axe destronaron a Remismundo e o botaron fora.

Frumario na Guerra dos Tres ReisEditar

Frumario pasou a controlar o sur do reino tras destronar a Remismundo, grazas ó seu control do PSD organizou a resistencia contra a facción feixista de Requimundo(que mandara asasinar a Maldras pra mellor manipular a remismundo) e pra que Remismundo non fose rei ata demostrar que era un machote suevo con caletre.

Durante tres anos(459-463)mantívose no poder na última fase da Guerra Civil Sueva, gobernando Galicia do Sur(desde Ourense ata Coímbra e Idanha), resistindo en varias batallas na Guerra dos Treis Reis:batalla de Parada de Sil, onde parou ó exército de Requimundo grazas ás artes máxicas de Merlín; Batalla de Montes Aquilianos, onde tivo que fuxir con moitas baixas do exército de Remismundo; Batalla de Campo de Alista, onde os visigordos lle tentaban sacudir unhas ostias pra ver se sacar cacho da guerra dos treis reis.

Durante o seu mandato consegiu traer varios enxeñeiros e inventar o arco de ferradura pra edificios,así como que os tipógrafos inventasen a letra sueva(que os historiadores despois chamarán visigótica respecto das inscripcións de San Pedro de Rocas e Santa Eufemia de Ambía).

Finalmente a Guerra dos treis Reis rematou coa morte de Requimundo e Frumario, ó morreren os dous, Frumario morreu probando unha novo enxeño, o winfly, nos codos de Larouco ó ser tiroteado pola guerrilla islamista do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. Remismundo quedou con todo reunificando o reino baixo o seu poder.


Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Remismundo
Frumario
Precede a:
Remismundo
Rei dos Suevos

NotasEditar


Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Frumario.

Outros artigosEditar