Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Francisco Cacharro Pardo

Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Francisco Cacharro Pardo e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Francisco Cacharro Pardo
Información
Nacemento 16 de novembro de 1936
Guarromán, Xaén, Banderaespaña.png España

Francis Drake Cacharro Color Pardo foi o führer da provincia de Lugo durante mais de 20 anos, Lord Almirante do Fraguismo.

Vida e obras púdicas

Nado en Xaén, fillo de Guarromán (un superheroe españolista que seguía atradición cirstiá medieval de non lavarse moito) puido ir estudar bacharelato onde quixo xa que seu pai tiña superpoderes por decreto durante o Franquismo, con 30 e poucos anos conseguiu ser xefe burócrata obtendo o cargo de comisario político no Ensino primario e entrando nas loxias illuminati de Madrid levou o seu ideario ás colonias interiores de Gitaña para poder manter o statu quo e que os fillos da burguesía atopasen traballo no novo orde mundial, xa que os sociatas pretendían fusilar a tódolos caciques (menos os seus) e así Francis Drake Kacharro Camisa Parda entrou no PP e xunto a Manuel Fraga deron un golpe de Estado e conquistaron a Xunta de Galicia.

Foi enviado a Lugo á que logrou conqistar mediante un asedio prolongado a base de tirarlles ós de dentro da muralla pasquíns envelenados e promesas de sexo anal seguro, cun comando da tripe AAA entrou na Diputación e infiltrou nela miles dos seus fillos e netos que tivera ao longo da súa vida, grazas a eles obtivo maiorías absolutas durante anos e anos. Ao ter a tantos fillos seus e netos e tataranetos non tiña moito tempo para educalos e eran incompetentes polo que Francisco Cachivache tivo que darlle o traballo da proxección de obras públicas a unha empresa amiga (de enchufados na Diputación que seica non lles chegaban os soldos que cobraban da administración).

Grazas a este sistema obtivo o control do feudo e seus vasalos durante anos e anos e así fíxose un dos piares fundamentais de Fraga na Chunta de Jallísia ata que o seu tratamentopsiquiátrico a base de LSD lle fixo desvariar diante dos medios de comunicación e foi apartado dos mandos do PP de G, que desde entón no o invitan nin á romería do Monte Faro.