Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Francis Bacon (filósofo)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francis Bacon.


Francisco Touciño.
Francis Bacon.jpg
Información
Nacemento 22 de xaneiro de 1561
Londres, Inglaterra Inglaterra
Falecemento 9 de abril de 1626
Londres, Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade inglés.
Ocupación Físico e violinista.

Francis Touciño foi un afamado aristócrata inglés con moito tempo libre, co cal puido sacarse a carreira de avogado, político, filosofía e escritor inglés. Considerado un dos pais do vampirismo, o seu traballo foi crucial para o invento do método científico.

Índice

Vida e obrasEditar

Aínda que fillo menor dun nobre inglés non foi metido a cura nin a soldado (como pasaba daquela en España) Francis foi enviado a estudar ao colexio da trindade tras estar en casa practicando o dereito de pernada e saíndo a cazar xabarís, pero na universidade durou pouco xa que vía que era un método para pasar anos a vivir dos pais e ter prestixio, e iso el xa non lle facía falta, polo que tras darlle a tabarra ao pai conseguiu que o enchufasen na legación diplomática inglesa cara Francia xa que ouvira falar maravbillas sexuais sobre as francesiñas.

No continente Francis Bacon descubriu que todo o mundo se lavaba mais veces que os ingleses, comían mellor que os ingleses e que non se emborrachaban tanto coma os ingleses. Bacon tivo a gran idea de empreñar algunha vizcondesa gabacha pero seu pai morreu polo que tivo que regresar a Inglaterra, xa que a raíña Isabel cortáralle a cabeza e tiña que obter a herdanza. Ao chegar a casa descubriu que estaba pouco menos que arruinado, polo que tivo que vender todos os seus xubóns de seda e os sombreiros con brocados de ouro e poñer un bufete de avogacía. Con esta profesión Francis Bacon comezou a medrar, xa que era todo un picapreitos e encheu a súa bolsa, grazas á cal comprou varios postos de funcionario na corte do rei Xacobo, que necesitaba moitos avogados para queimar a moitas bruxas que había no reino. Francis Touciño logrou descubrir moitos akelarres e purgar o reino de tanta bruxa e meigas. Mentres queimaba mulleres bruxas ían trepando pola organización do Estado e a base de patadas a seus subordinados consseguiu chegar moi alto, con todos os cartos que roubou regresouse a casa e comezouse a adicar ao que sempre quixo, a maxia negra e feiticería.

Obras de Francis TouciñoEditar

  • Manuel de Ouija.
  • Ensaio sobre o hentai.
  • Nova Atlántida: un barrio residencial que quería facer para meter turistas papistas dentro e convertilos en anglicáns.
  • Todas as obras dramáticas de William Shakespeare.
  • Novum Organnum: sobre a nova carne.
  • O avance do saber, ou como apuntarse a tódolos Desgalimaratóns.
  • Indicacións para interpretar a nai natureza en tres actos.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Francis Bacon (filósofo).

Outros artigosEditar