Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Festival de Eurovisión

O Festival de Eurovisión (en inglés Eurovision Song Contest; en francés Concours Eurovision de la Chanson) é unha competición entremúsicos, aspirantes a músicos e emos nun festival da canción televisado, creado en 1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda Europa. Nos últimos anos, o Festival retransmitiuse a moitas outras partes do mundo (é especialmente seguido en Australia, así como en Marte) e tamén se difundiu a través de internet, por teléfono móbil e mensaxes instantáneas.

HistoriaEditar

Baseado no festival de música de San Remo, unha banda de produtores de televisión sen nada que facer acabou creando un concurso no que os países colocasen músicos nunha competición para ver cal a música máis indie o posible e así, xurdiu o primeiro festival eurovisivo saíu da mente da EBU. O primeiro festival tivo lugar o día 24 de maio de 1956, onde sete dos dez membros orixinais da entidade concorreron (tres países foron descualificados por entraren tardiamente por mor do atasco próximo ao estudio de televisión).

Moitos outros países fóronse xuntando ao pasar dos anos, como por exemplo, Portugal en 1964, Irlanda en 1965, Israel en 1973 (e desde cando Israel é país europeo?), Islandia en 1986.

En 1956 cada televisión participante podía enviar dúas cancións a ver se o programa estaba interesante, e a partir do seguinte ano, debido ao crecente número de televisións interesadas en participar, cada unha só puido presentar unha canción. En 1978 chégase por primeira vez aos vinte participantes. Xa nos anos 90, coa solicitude de participación das televisións de Europa do Leste, establécense regras para limitar o número de participantes nos festivais, baseadas nos anteriores resultados, de xeito que se lles deixa participar a aqueles que obtivesen mellores resultados nos anteriores anos. Para 2004 era tan grande o número de países que desexan participar, que se comeza a celebrar o Festival nun novo formato, en dúas noites: unha semifinal e unha final; en total foron 36 as televisións que tomaron parte ese ano. O récord está nos 43 países de 2008, o que obrigou a mudar novamente o formato: dúas semifinais, en días distintos, e con só cinco estados/televisións clasificadas directamente para a final: os catro grandes (Francia, España, Alemaña e Reino Unido) e mais o país organizador, que nesa edición foi Serbia.

Galicia en EurovisiónEditar

Galicia nunca participou como tal en Eurovisión, e non o podería nunca facer, xa que por definición a Telegaita non pode ser membro da UER.