Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Federico Moccia

Federico Moccia, mais coñecido como Fédeche a mocha é un escritor italiano famoso por excitar adolescentes e dar traballo aos operarios do concello limpando pontes de candados.

Fede Moccia
Moccia.jpg
Información
Nacemento Na Sociedade do Espectáculo o 11 de novembro de 1963
Roma, Bandeira de Italia.png Italia
Nacionalidade bussiness
Ocupación Xuntar letras e facer cartos.

Vida, pluma e cartosEditar

Nado en Italia, foi enchufado polo pai, que era guionista, no mundillo dos guionistas. Como non tiña moito gancho rematou por facerse guionista de televisión, onde fixo series sobre o amor, as mulleres sen escrúpulos sexuais, o amor, coches caros, o sexo, as mulleres, o amor...

Estes grandes pilares da súa obra valénrlle o alcume de Il Oso Amoroso, xa que as series desprendían tanto azucre que moitos televidentes tiveron que ser hospitaizadas tras graves casos de esquizofrenia amorosa tras ver as súas produccións. Finalmente consegiua fama mundial coas seguinte sobras:

  • A tres metros sobre o ceo: un malote (Step) e unha pija (Babi) lévanse a matar, o malote é bo rapaz pero dalle unha malleira a un amigo da familia da rapaza, desfaille a súa festa de aniversario, a pon a mal cos pais... e ela como é unha alienada namórase dele fai tolerías pra chamara súa atención (como ir toda escarrangadalla de pernas nunha moto), finalmente trunfa o amor pero cada ún remata polo seu lado (¿?).
  • Teño ganas de ti ' (en italiano: Teño ganas da túa parrocha): o mesmo malote de antes regresa a Italia e refai a súa vida pasando da peña de antes, incluso mocea con outra rapaza, pero volta a aparecer a anterior, Babi, que fai que él se repense todo o seu novo mundo, pero como son parvos a secuela non remata en nada e só hai biquiños e nada de sexo (¿?????).
  • Perdoa si te chamo Amor: Aquí cambian ós protagonistas, pero o esquema argumental é o mesmo; unha historia de amor entre persoas diferentes sen nada en común. Neste caso unha preppie no bacharelato e un home maduro que é abandoado pola súa muller de todaa vida.
  • Perdoa pero quero caar contigo: Os dous pasmóns de antes regresan á rutina e reúnense cada un cos seus amigos diferentes e póñense pedantes, si, incluso filosofan faceñendose preguntas: O Amor dura pra sempre? É certa a crise do séptimo ano? É verdade que os maduros foden mellor que os mozos? Existe o amor? A que saben as nubes? Hai amor sen sexo?
  • Carolina namórase (e o lagarto dálle ó rabo): Historia dunha adolescente que só pensa en namoase, en vez de estudar, ademais a moi parásita recibe unha paga SEMANAL dos pais, pero ela quere mais, quere unha moto (como se tivera que atravesar 30 Km até o instituto...) quere coñecer o amor, e si é certo que molaa doble penetración.
  • Esta noite dime que me queres: historia de amor (e van...) entre unha rapaza que deixou eivado ó seu mozo e o cuida, e un rico que non fai nada... non se sabe moi ben como se xuntan estes dous e a prota contrata un auxiliar de enfemería e deixa tirad ó seu exmozo eivado e vai co rico, así todo moi... berlusconiano.