Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Cambios

Inglaterra

16 bytes engadidos, 27 de decembro de 2015 ás 19:31
m
Historia
Inglaterra foi fundada por un tataraneto de [[Breogán]] que pasou de [[Irlanda]] cara aquí e encheu esta illa de [[celtas]], que alzaron un goberno teocrático e comunista, con tanta fama que os [[druida]]s de [[Francia]] viñan aquí a aprenderen de todo. Todo ía ben ata que o [[Imperio Romano]] conquistou toda Inglaterra, poñendo un muro aló na fronteira con [[Escocia]], a capital da provincia foi [[Londinium]] onde colgaron á raíña Boadicea.
[[Ficheiro:Anglosaxóns.jpeg|miniatura|esquerda|200px|Saxóns imponendose.]]
Trala caída dos [[Romanos]] comezou a[[Idade Media]] o [[Rei Artur]] pasou a gobernar estas terras anos despois pero debido a problemas intestinais perdeu o reino e fuxiu a Nunca Xamais, o reino pasou a estar gobernado polos [[Anglos]] e o [[Saxóns]], estes últimos imporíanse sobre os demais e formaron varios reinos con difrentes reises que pelexaban entre sí por controlar toda a illa, ata que [[Alfredo o Grande]] conseguiu dominar ao resto de reinos mediante o asasinato da competencia, así cando morría un rei veciño botáballa a culpa aos [[Lordomani|Vikingos]] e dominou coa súa dinastía pero debido a que algunhas casas nobres querían ser rei no lugar do rei aquel rematou coma [[Canción de xeo e lume]], e despois invadiron [[Gales]].
A finais do medievo houbo guerra civil inglesa, entre os amantes das camelias e as rosas, resultando vencedores os Tudor, que despois fixeron unha serie de televisión exitosa e dominaron o resto da historia inglesa.
Burócratas, Verificadores de usuarios, deletion, oversight, rollback, Administradores
128.609
edicións