Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Cambios

Axuda:Como rexistrarse

1 byte engadido, 13 de marzo de 2011 ás 16:39
m
sen resumo de edición
[[Ficheiro:Crear_conta_nova.JPG|350px|thumb|right|Captura da pantalla do cadro que sae cando alguén quere crear unha nova conta de usuario.]]
[[Ficheiro:Acceder_ao_Sistema.JPG|350px|thumb|right|Captura da pantalla do cadro que sae cando alguén quere entrar ao sistema.]]
 
Non é obrigatorio nin necesario o '''rexistro dunha conta de [[Desgalipedistas|usuario]]''' na <s>[[Wikipedia]]</s> [[Desgalipedia]] para ler ou editar páxinas. Tan só é unha opción que proporciona funcións adicionais, ademais dun recoñecemento por parte da comunidade, polo que é bastante recomendado. Se non queres que ninguén saiba o teu [[enderezo IP]], entón deberías crear unha conta para evitar que se mostre nos historiais.
== Como crear unha conta ==
[[Ficheiro:Crear_conta_nova.JPG|350px|thumb|right|Captura da pantalla do cadro que sae cando alguén quere crear unha nova conta de usuario.]]
 
Para rexistráreste na [[Desgalipedia]], cómpre a creación dunha conta de usuario. O primeiro que debes facer é premer sobre a ligazón "'''[[Especial:Rexistro|Rexistro]]'''" que aparece no canto superior dereito de cada páxina. Unha vez que esteas neste formulario, dálle á ligazón "'''[[Especial:Rexistro/signup|Cree unha conta]]'''". Nestoutro formulario terás que fornecer un nome de usuario<ref>Tan só existen algunhas restricións técnicas na creación de certas contas con algúns símbolos ou caracteres non latinos, ou se o nome elixido é moi similar a outro xa existente.</ref> e un contrasinal. Por suposto, o nome escollido non ten por que ser o teu nome real, podes empregar un alcume e así agochar a túa identidade. Á parte deses datos, tamén podes incluír opcionalmente o teu enderezo de [[correo electrónico]], como xeito de contacto privado con outros usuarios (mediante un formulario de envío de mensaxes) e permite a recuperación do contrasinal por se te esqueces del.
== Como acceder ao sistema ==
[[Ficheiro:Acceder_ao_Sistema.JPG|350px|thumb|right|Captura da pantalla do cadro que sae cando alguén quere entrar ao sistema.]]
 
O primeiro é asegurarse de que o teu [[Navegador web|navegador]] acepta ''cookies''. Algúns navegadores poden aceptar ou rexeitar ''cookies'' dalgúns sitios en concreto; estes usuarios deben configurar o navegador para aceptar as ''cookies'' de cada wiki onde teñan pensado editar, como ''desgalipedia.org''.
Burócratas, Verificadores de usuarios, deletion, oversight, rollback, Administradores
122.781
edicións