Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Eduardo Pondal

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Eduardo Pondal.
Eduardopondal1.jpg
Información
Nacemento 8 de febreiro de 1835
Ponteceso, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 8 de maio de 1917
A Coruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Nai da Patria
Cónxuxe Ti.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Ossian galaicoCita2.png
Google sobre Eduardo Pondal

Eduardo Pondal é un elemento épico da táboa periódica de elementos da literatura.

Índice

Nacemento e grandes batallas épicorevolucionariasEditar

Pondal naceu en Pontesexo no seo dunha familia burguesa, onde aprendeu a Biblia de memoria, cousa que gustou moito nos parentes pero gustou menos cando Edu comezou a visitar aldeas veciñas co fin de facerlles a circuncisión por mandato de Iavé, como isto estaba moi mal visto enviárono ao do Mundo, tamén coñecido como Muxía, onde estudou os arcanos perversos escritos por Martín Codax inspirado polo deus Dagon.

Logo foi enviado á Santiago de Compostela, alí rodeado de cregos e burgueses fíxose estudante revolucionario (típico destino dos que van á USC) e xunto a algúns dos que inventarían o Rexurdimento participou nunha orxía juche (tamén coñecido como banquete de Conxo) sendo logo represaliado polo patriarca de Compostela que case o envía a Micronesia pero ao ver que era un meigo poderoso capaz de invocar a Niarlathotep nin chiscar de ollos deixouno en paz. Edu fíxose pijo e meteuse a médico da Armada, onde se fixo gay (ou polo menos escoitaba moito aos Village People) aínda que gaño as oposicións a médico dunha fábrica de armas en Asturias alí viu o mal que se facía con elas e deixounas, porén a pesares de ser un socialista pacifista gorentou da fantasía heroíca lírica, polo que se fixo soviético e voltou para casa.

O resto da súa vida pasouno vivindo das rendas e foros, compoñendo poemas e versos de cando en vez ou indo ó botellón na Cova Céltica con Manuel Murguía onde poñían a caldo a Celso García de la Riega. Debido a que era un señorito consegiu preñar mais de 500.000 mozas de Bergantiños e súa bisbarra ao longo de varias xeracións (estudos xenéticos amosan que a maioría dos poboadores da rexión teñen seu halotipo!!) ao ver a MTV as ovellas que hai no resto de Gitaña fíxose iberista e loitou coa pluma (xa dixemos que era gay non?) para conseguir unha república ibérica de nacións federadas. Morreu na era do jazz nos brazos dunha luguesa coruñesa ardente.

ObrasEditar

  • Queixume dos primos.
  • Versos esquecidos no retrete de Edu Pondal.
  • Os Eoas.
  • Poesía jalleja incompleta.
  • Tormenta épica de poesía ghallegha II.
  • Putos corvos do Xallas.
  • Epopeias celtogalaicas.
  • Breogan´s epic failure.
  • Himno galego: feito para espertar os galegos.

Controversias da poesía de PondalEditar

 
Pondal cunha das súas mozas antros pinos... ou non!

Ouh gran escándalo cando os de Intereconomía descubiron este poema de Pondal tras ler a María Xosé Queizán.

{{| "Pilleina antr´os pinos soa,
alba de medo tornou;
quijo fugir, mais non pudo,
que sabe que peixe eu son.

Rogárame de rodillas,
de rodillas me rogou;
tembrou comoa vara verde
qu´estremece a virazón.

Cal quen teme ser oída,
dixo: "Pïdocho por Dios...¡

"Estás fresca -lle contesto-,
vente a min con oracións¡

Non solta nunca o raposo
a galiña que pillou, astra zugarlle o mel todo
non solta a fror o abellón,
nin a branca e doce pomba
larga o montesío azor"
|}}

Nel descríbese en primeira persoa unha violación, este xeito de narrar fixo que moitos españolistas se cabreasen todo pensando que era unha apoloxía da violencia sexual... mais non! Como podemos ver o autor usa a primeira persoa, peeeero, á vez intercala uns versos (alba de medo tornou/Non solta nunca o raposo a galiña que pillou...) nos que amosa o sufrimento da víctima mais sen regodearse niso senón AMOSANDO a violencia sexista da sociedade da súa época dunha forma descarnada e cruel, ou sexa condeándoaa.

A segunda polémica veu polo himno galego, no que os españolistas se sinten ofendidos ao malinterpretar a propósito dos versos:

{{| "mais só os iñorantes
e férridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
|}}

Hai que ter en conta que o himno de Galicia é un canto para que os galegos "esperten" (saían da apatía) e se gobernen por sí mesmos (porque si o fai outrs háse aproveitar deles!) e para iso os piñeiros cantan, pero os imbéciles non entenden o canto dos piñeiros mentres que os listos sí. Así pois... que hai de insulto aos non galegofalantes? Acaso os galegofalantes entenden o que dín os piñeiros cando o vento sopla a través deles?

Desgalería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Eduardo Pondal.

Outros artigosEditar

Predecesor:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Día das Letras Galegas
1965
Eduardo Pondal
Sucesor:
Francisco Añón Paz
V  C  E h
Día das letras galegas
Rosalía de Castro (1963) - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) - Eduardo Pondal (1965) - Francisco Añón Paz (1966) - Manuel Curros Enríquez (1967) - Florentino López Cuevillas (1968) - Antonio Noriega Varela (1969) - Marcial Valladares Núñez (1970) - Gonzalo López Abente (1971) - Valentín Lamas Carvajal (1972) - Manuel Lago González (1973) - Xoán V. Viqueira Cortón (1974) - Xoán Manuel Pintos Villar (1975) - Ramón Cabanillas (1976) - Antón Vilar Ponte (1977) - Antonio López Ferreiro (1978) - Manuel Antonio (1979) - Afonso X o Sabio (1980) - Vicente Risco (1981) - Luis Amado Carballo (1982) - Manuel Leiras Pulpeiro (1983) - Armando Cotarelo Valledor (1984) - Antón Lousada Diéguez (1985) - Aquilino Iglesia Alvariño (1986) - Francisca Herrera Garrido (1987) - Ramón Otero Pedrayo (1988) - Celso Emilio Ferreiro (1989) - Luis Pimentel (1990) - Álvaro Cunqueiro (1991) - Fermín Bouza-Brey (1992) - Eduardo Blanco Amor (1993) - Luis Seoane (1994) - Rafael Dieste (1995) - Xesús Ferro Couselo (1996) - Ánxel Fole (1997) - Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) - Roberto Blanco Torres (1999) - Manuel Murguía (2000) - Eladio Rodríguez (2001) - Frei Martín Sarmiento (2002) - Antón Avilés de Taramancos (2003) - Xaquín Lorenzo (2004) - Lorenzo Varela (2005) - Manuel Lugrís Freire (2006) - María Mariño Carou (2007) - Xosé María Álvarez Blázquez (2008) - Ramón Piñeiro (2009) - Uxío Novoneyra (2010) - Lois Pereiro (2011) - Valentín Paz-Andrade (2012) - Roberto Vidal Bolaño (2013)