Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Eborico

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Eurico.
Eurich.jpg
Información
Nacemento 555
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 584.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Tentar salvar o pouco que ficaba do reino suevo ante a hostilidade visigoda.

Eborico, ou Ewurich, foi o penúltimo rei do reino suevo de Galicia. A pesares de vivir o esplendor do seu reino seu veciño visigodo era mal veciño e como tiña poucos apoios non durou moito que digamos no poder.

Vida e tronoEditar

Eborico naceu en lebosende (Leiro) mentres seu pai andaba conquistando Hispania pra fundar España, en Lebosende tivo moitas mulleres que miraban por él (de feito hai historiadores revisionistas que din que o lugar era un santuario de lesbianas!!) que lle ensinaron artes marciais (kunf pah fu, valetudo, esgrima, guerra de guerrillas e guerra psicolóxica) así como a bordar e tecer xerseis de lá pro inverno.

Sendo adolescente foi enviado onde seu pai á corte sueva de Braga (Galicia do Sur)onde se meteu en política e serviu nun departamento xurídico do Ministerio de Fomento e Obras púdicas, onde fixo poucos amigos ó ser xusto e legal coas leis e non permitindo cofeitos nin subornos pra adxudicar obras públicas a dedo. Seus enemigos trataron de poñelo a mal co seu pai o rei Miro (pero como éste fora discípulo de Martiño de Dumio sabía de qué pasta están feitos algúns homes) e seguiu a confiar en él. Pra que tivera futuro organizoulle a voda, e Eborico casou coa princesa franca Laetitia kasta.

Pero as cousas torcéronse e seu pai morreu tras perder a guerra cos visigodos, Eborico foi nomeado rei por ser o fillo do anterior rei e como todos agardaban que viñeran os visigordos a destruir o seu reino Eurico deu en comezar a negociación con eles pra que os deixasen en paz a cambio de entrar no Estado visigodo e seu reino ser unha simple Comunidade Autónoma, senon querían ser destruidos polo opresor bárbaro godo. Estas negociacións de paz a cambio de declararse inferiores ós visigodos non gustou moito entre moitos nobres suevos, a eles xuntáronse os seus enemigos dos tempos do Ministerio de Fomento, e comezaron a acosalo políticamente: todos os días na COPE saía Federico Jiménez Losantos a poñelo a parir, os de Intereconomía publicaban fotos photosopeadas del entrando en puticlubs de putos, o PPSOE denunciando corrupcións inventadas por eles, La voz de Galicia amosando fotos del nun iate... cun empresario (séculos despois publicaría as de Alberto Núñez Feijóo cun delincuente e a ninguén lle importou tanto...), a TVG sendo plural e acrítica con certas fontes de novas, etc

Eborico foi un día como outro calquera ó pazo real suevo a traballar coa tablet baixo o brazo chea de novas autovías pra contactar o reino suevo con Europa cando foi secuestrado por varios números da garda civil golpista que o levaron onda os outros conspiradores, cortáronlle o pelo estilo crego diante das cámaras da TVE e o meteron nun mosteiro pra que non podese gobernar nunca mais. O xefe dos conspiradores, Andeca, un revolucionario patriota que en realidade era un infiltrado dos Visigodos pra teren a excusa de entrar en Galicia pra pacificala dunha presunta guerra civil entre partidarios de Andeca ou Eborico.

Cinco anos despois Eborico morreu no mosteiro de Carboeiro, envelenado por un funcionario da gestapo visigoda pra que non liderase ningunha revolta contra deles.

Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Miro
O Locuaz.
Eborico
Precede a:
Andeca
Rei dos Suevos

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Eborico.

Outros artigosEditar