Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Doutor TNT

A galega.jpg Doutor TNT é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

O Doutor TNT invadindo o mundo.

Doutor TNT é actualmente o capitán xeral do frikismo galego, Pontífice máximo dos Otakus, príncipe dos Visualkeys, Óbergruppenfhürer dos Emos, Cabaleiro kadosh das Ganguro, duque dos Cosplayers, barón dos Harajuku, Xuiz escocés do Arco real dos Wamono, marqués das Lolitas, mariscal dos góticos, gran mestre arquitecto dos culturetas, príncipe dos gafapastas, soberano príncipe rosacruz das Gals(Gyaru), xefe do tabernáculo das Bozosoku, Standartenführer das Kogal, Director xeral dos Furries, Camarada mariscal de campo dos Decora, Coronel dos Oshare kei, almirante dos Trekkies, Comandante dos geeks...

AutobiografíaEditar

Nado en Partovia, O Carballiño de pequeno foi víctima dunha nube tóxica provinte de Tchernobyl que o mollou coma un pito, grazas aiso consegiu moitos grande superpoderes que alí na aldea a verdá non lle servían pra nada, excepto pra escorrentar cabras do monte que ían morder ás cepas. Emigrou a Ourense onde estudou bacharelato na Universidade Laboral, alí a súa melé aumentou 30 puntos xunto co fume dos porros que lle aumentou a súa visión ultraquinética xuntou un grupo en torno del chamado "Sturmabstaffel" (acrónimo K0MPUCH) estilo romanticismo hegeliano co cal prepretou varios fanzines e conferencias sobor conciencia nacional e Banda deseñada.

Logo emigrou a Santiago de Compostela, onde sufrou unha gran metamorfose universalista debido ós gases emanados das sepulturas de Rosalía de Castro e Castelao que lle abriron as portas da mente, entrou nunha loxa salvaxe de canteiros e asistiu a conferencias, orxías, asembleas, camas redondas, exposicións e saraos. Entrou en contacto con Fermín Bouza-Brey e varios galeguistas de antonte a noite que o meteron na USC.

O consultorio do Doutor TNTEditar

Tras sacarse a licenciatura en Historia e Xeografía, fixo o doutoramento no MIT en Cosmovisión Freudiana Toruyama, conseguindo grande fama en Xapón coa súa tese acerca das tendencias junguianas do manga na tese "Estrutura e método comparativista de sociedades postindustriais terceiromundistas colonizadas por occidente".

Voltou a Galiza e abriu seu consultorio en Salvaterra de Miño pra poder ter tamén pacientes de Galicia do Sur, alí entrou en contacto con vellos frikis de Shakespeare, relatos Bélicos e Pedrín e Alcazar. Debido ós graves danos cerebrais polo contido da s revistas feixistas (Flechas y Pelayos) e cristiás (Misionero, El Pan de los Pobres) que tentaban crear fanáticos pra invadir con mártires toda Musulmania o doutro TNT consegue que comezaran ver con mellores ollos o manga e o anime, traducindo o Son Goku ao galego, cando se soubo foi contratado pola TVG pro Xabarín Club.

Durante a tempada no xabarín Club consegeu convertir ao frikismo comikeiro a mais de 300 rapaces ao día aumentando o nivel cultural da xente abase de emisións de ondas TNT V2 cos que bombardear ó público.