Doutor Mabuse
![]() |
Doutor Mabuse é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer por crimes contra a sociedade e é moi perigoso. Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Doutor Mabuse |
Quizais quixo dicir: Friqui que quere dominar o mundo.
— Google sobre Doutor Mabuse
Doutor Mabuse. | |
---|---|
![]() | |
Información | |
Nacemento | finais do XIX. Múnich ![]() |
Nacionalidade | alemán de posguerra(a do 14). |
Ocupación | Übermensch. |
O Doktor Mabuse foi un friki que tentou dominar o mundo (idea que lle roubaría despois Hitler) desde a depauperada Alemaña de posguerra nos tolos anos 20.
Traxectoria de crimes, conspiracións e orxíasEditar
Nado en Múnich e finais do XIX de pais pequenoburgueses, na universidade estudou economía e leu a Marx e Koprotkin, pero ambos o deixaron nin quente nin frío, durante a Iª Guerra Mundial (1914-1918) foi recrutado polo exército imperial alemán en calidade de cabo furriel das troopas do V exército imperial, indo de paseo por Verdún e as Ardenas. Conseguiu sobrevivir e salvar algunha que outra vida humana (a do soldadiño Hitler, a do mozo de Audrey Tatou, a tristan Tzara, a Fritz Lang, a Norbert Jacques e a Gudrun Esslin).
Trala guerra voltou a Alemaña, esta vencida e humillada atopábase en fase de descomposición imperial e só del apuido saír a república de Weimar que a duras penas podía controlar o territorio, Mabuse sobrevivira á guerra e trala destrucción dos campos e cidades tamén caeron os vellos valores burgueses e todo o mundo quería vivir ata a última gota da vida. Mabuse trazou o seu plan, dominaría ao mundo cun calculado e metódico plan, o imperio do crime.
Este imperio do crime tería primeiro que destruir ó Estado, mediante ataques terroristas absurdos, destrucción de fábricas, medios de transporte, crimes horrorosos e finalmente él e os seus seguidores (uns criminais e moita xente normal que o seguía por carisma, obrigados pola fame ou polo hipnotismo do doutor) levaron a acbo seu plan con milimétrico detalle. Mais os crimes comezaraon a erguer as sospeitas do comisario Loman, que tras varias caladas de pipa e gruñirlle ós criminais detidos consegiu desbaratar os plans de Mabuse, capturalo con vida e prendelo dentro dun manicomio.
Neste manicomio Mabuse botará unha chea de anos, aat que o doutor que leva seu caso comeza a indagar nos papeis de Mabuse e vése hipnotizado a distancia polo maléfico doutor, que planea voltar ás andadas pra crear oo imperio do crime desde a súa cela do manicomio. Mais o comisario Loman e seus rapaces voltan desbaratarlle os plans trazados ó milímetro
Sabías que...?Editar
- ... tivo moitas mozas pero ningunha o aguantaba porque sempre lles andaba roubando a roupa pra disfrazarse?
- ... usa braguiñas de pana sempre?
- ... seus poderes telepáticos e de hipnotista lle pèrmiten manexar ás persoas coma monicreques?
- ... grazas a ser travesti na intimidade é un mago do disfraz e supera a Mortadelo?
- ... tentou hipnotizar ao Doutor TNT desde a súa tumba en Pereiró (Vigo)?