Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Dona Chama

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Dona Chama.
Donachama.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. X D. de C.
Lobeira, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galegaxermánica.
Ocupación Foder homes, nos dous senos da palabra...

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Orcabella.Cita2.png
Google sobre Dona Chama

Dona Chama é un ser mitolóxico galego. Muller fatal do folclore de Lobeira (Galicia) e de Mirandela (Portugal ou mellor, Galicia do Sur). A semellanza dalgunhas mouras e donas ten pés de cabra e soe matar homes despois de teer sexo con eles. Ten corpo de muller e pés d ecabra, vive cerca de restos dos primeiros homes e garda tesouros, como no lugar de Casdonachama, en Queiroás, Allariz.

Soe ser obxetivo de moitos homes que a desexan pola cachonda que está, e ela non é unha estreita, pero unha vez feito o amor mátaos pra que non falen a ninguén dos seus pés de cabra, dos cales está moi traumatizada polo visto.

HistoriaEditar

Dona Chama é a señora cun castelo, dona de moitas riquezas e beleza, os homes soen ir ata as súas portas, alí os gardas dinlle que agarde, métense dentro e saen ao pouco decindo " A dona chama". O home entra no castelo e non se sabe moi ben cómo remata tendo sexo anal coa muller e descubrindo o seu segredo, que ten pés de cabra, razón pola cal a muller se pon moi triste (xa que está traumatizada por eses pés) polo que o amante sabe que en calquera momento a muller o pode matar, asi que están en garda e cando ela se durme él sácalle o anel que lle servirá como salvoconducto pra saír do castelo, e xusto cando sae pola porta ela acorda e ponse a berrar, o amante escoitándoaa rise dela:

Chama, chamorra,

pernas de cabra

e cara de señora.

Como o home xa está fóra de seu alcance el a suicídase botándose no pozo do castro de San Brais tras agochar seu tesoiro nas terras veciñas. Noutras historias no momento da burela a dona fica encantada pra sempre coas súas riqezas, noutras versións ela espértase e ó ver que se marchou co anel manda a seus criados a buscalo anel cando en realidade ela desexa ao home, ao ver que non o dan atopado apuñálase a si mesma e tírase nun pozo, do que aínda seguen a saír salaios e choros. Noutra versión (e van...) Dona Chama é a señora dun lugar e abusa sexualmene dos homes e rapaces e logo apuñálaso cun puñal de ouro e colga súas cabezas dunha trabe, ata que un labrego vai onda ela mais rexeita súa comida e viño e cando se van acostar ela ponse a buscar entre as sabas onde espera coller o coitelo mais el pregúnatlle se anda a buscar o puñal que el ten na man e entón mátaa con tres puñaladas. Noutro lugar aínda se di que Dona Chama era unha casteleira e que busaba da poboación veciña e un día rebotáronselle e ela agochou seu tesouro nun pozo que echou cunha pedra grande e logo noutro pozo igual pechou a peste cunha pedra igual á anterior e logo díxolle ó pobo que sei querían o tesouro o buscaran pero que si levantaban a pedra equivocada poderían morrer de peste.