Desgalipedia:Votacións
![]() |
Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |
Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigo destacado (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Outras |
Propostas de eliminación |
- Para as votacións actualmente en curso, véxase Categoría:Desgalipedia:Votacións en curso.
Cadro coa síntese dos prazos e máis o número de votos
|
|
TiposEditar
Existen diversos tipos de votacións, de natureza diferente:
- As eleccións a artigo de calidade e a artigo bo son as votacións coas que a comunidade escolle e revisa os artigos de maior calidade.
- As eleccións do artigo destacado, sobre Galicia e as imaxes da semana que aparecen na Portada constitúen as votacións máis regulares, xa que cómpre renovar as candidaturas periodicamente para encher a páxina de benvida ao proxecto.
- O borrado de artigos e imaxes faise naqueles casos que non entran na saca dunha eliminación rápida que poida ser marcada como {{Lixo}}.
- A aprobación de bots realízase co fin de garantir que este dereito de agochar as modificacións nos cambios recentes sexa concedido a usuarios de confianza.
- As eleccións ou revogacións dos dereitos de administrador conceden, manteñen ou retiran os permisos de acceso como administrador.
- As políticas da Galipedia permiten a aceptación, rexeitamento ou modificación das políticas e normas polas que nos rexemos.
Quen pode votar?Editar
A participación nas votacións, ao contrario que nas simples conversas de debate, está restrinxida a certos usuarios con experiencia e que xa están recoñecidos pola comunidade. Polo tanto, o primeiro requisito é ser un usuario rexistrado nesta Desgalipedia. Pero non abonda con iso só, antes débese obter o estado de autoconfirmación, que dá o software automaticamente a aqueles editores despois duns días do rexistro da conta. Aínda con estes permisos, o usuario debe:
- Ter feito un mínimo de 50 contribucións válidas nos artigos.[lower-alpha 1]
- Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.[lower-alpha 2]
Con estas limitacións conséguese que os desgalipedistas que deciden o resultado da votación cos votos exercidos teñan un mínimo de coñecemento e experiencia na comunidade.
Todos estes requisitos pódense consultar introducindo o nome de usuario neste contador de edicións.
Proceso da votaciónEditar
CreaciónEditar
Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpran os mesmos requisitos que para votar.
As votacións débense crear como subpáxinas desta, Desgalipedia:Votacións. O título usado ten que describir con precisión o obxecto da votación. Na parte superior da páxina débese incluír o marcador {{Wikipedia/Votación}}, no que se facilitará o resumo e máis as datas de inicio e de fin da votación. Con este formato:
{{Desgalipedia/Votación|resumo=Título breve que describa a votación.|data de inicio|data de fin}}
TranscursoEditar
PrazoEditar
NotasEditar
- ↑ 200 no caso de elección/revogación de dereitos. Ver Desgalipedia:Elección de administradores e Desgalipedia:Elección de burócratas
- ↑ 4 meses no caso de elección/revogación de dereitos. Ver Desgalipedia:Elección de administradores e Desgalipedia:Elección de burócratas