Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Desgalipedia:Preguntas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes sobre a sagrada Desgalipedia
Atallos:
DG:FAQ
DG:PMF

Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Desgalipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.

Como edito unha páxina?Editar

Editar unha páxina é sinxelo, só tes que facer clic na lapela "Editar" na parte superior da páxina ou nas ligazóns de editar das cabeceiras das seccións. Isto leva a unha nova páxina cunha caixa de edición onde se poden facer os cambios ao texto. Ao rematar a edición cómpre escribir un breve resumo de edición no campo baixo a caixa de edición describindo os cambios feitos.

Como creo unha páxina nova?Editar

Non é necesario ter unha conta rexistrada na Desgalipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Desgalipedia:Como rexistrarse.
Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Desgalipedia:Como crear unha páxina.

Por que borrastes o meu artigo?Editar

O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).

Como troco o nome dun artigo?Editar

Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Desgalipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.

Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?Editar

Para cambiar o teu nome de usuario podes facer unha solicitude en [[Desgalipedia:]]. Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, non entanto, solicitar que a túa páxina de usuario sexa borrada incluíndo o marcador {{Lixo}} nela.

Cando se publicou a Desgalipedia por vez última?Editar

A Desgalipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante evolución.

Quen escribiu o artigo X na Desgalipedia?Editar

Case todos os artigos presentes na Desgalipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Desgalipedia:Como comezar a colaborar.

A quen pertence a Desgalipedia?Editar

Véxase Desgalipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Desgalipedia? para obter máis detalles.

Por que hai problemas co acceso ao sistema?Editar

Véxase Desgalipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.

Hai dispoñibles contadores de estatísticas?Editar

Existe un sitio, non mantido por Desgalipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñibles aquí.